Dona Sofía recibe a unha representación de UNICEF España

A súa Maxestade a Raíña Dona Sofía, Presidenta de Honra de UNICEF Comité Español, recibiu hoxe en audiencia a unha representación da organización, encabezada polo seu vicepresidente, Juan Ignacio de la Mata Gorostizaga, á que tamén acudiron Marta Arias, directora de Sensibilización e Políticas de Infancia; Andrés Conde, director de Campañas e Lorena Cobas, responsable de Emerxencias.

Durante a audiencia, informouse a Súa Maxestade a Raiña sobre asituación dos nenos en todo o mundo, a partir dos datos incluídos no informe Estado Mundial da Infancia 2013 (EMI), que este ano se centrou nos nenos con minusvalidez.
Estado Mundial da Infancia
O EMI é o informe insignia de UNICEF,que ano tras ano recolle a evolución dos indicadores que reflicten o grao de desenvolvemento da infancia en cada país e realiza ademais unha profunda análise sobre a situación da infancia máis vulnerable.

Este ano a análise doEMI centrouse en nenos con minusvalidez, que son uns 93 millóns no mundo. O informe fai fincapé na importancia de concentrarse nas capacidades e o potencial dos nenos con minusvalidez, en lugar do que non poden facer, o que ofrecería beneficios á sociedade no seu conxunto.

A súa Maxestade a Raíña éPresidenta de Honra de UNICEFComité Española dende 1971, cargo que aceptou cando aínda era Princesa de Asturias. Dende entón, demostrou en numerosas ocasións o seu compromiso polo benestar dos nenos e nenas e polo respecto dos dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).