#daleotraoportunidad: Orange e UNICEF constrúen o futuro dos nenos en República Dominicana

A campaña #daleotraoportunidad, posta en marcha por Orange no marco da II Semana da Reciclaxe, foi todo un éxito: recolléronse máis de 6.000 terminais para seguir apoiando un proxecto de educación de UNICEF en República Dominicana.

Do 17 ao 24 de maioOrange animaba os seus clientes a reciclar os seus vellos móbiles ao comprar un novo, contribuíndo así non só a reducir a pegada ambiental, senón tamén a escolarizar e aumentar a calidade do ensino de máis de 220.000 nenos residentes en zonas fronteirizas e barrios marxinais de República Dominicana.

Orange doa a UNICEF unha porcentaxe do valor de cada terminal usado recollido. Nos últimos tres anos, a iniciativa 
 Constrúe o seu futuro  reuniu máis de 400.000 euros, grazas ao compromiso de miles de clientes, empregados, empresas colaboradoras, colexios e universidades que se sumaron á acción.

Con estes fondos, UNICEF está a traballar con 120.000 nenos de escolas primariase 100.000 nenos de 0 a 5 anos, 4.000 docentes, 400 directores de centros educativos e 200 asociacións de pais e nais, para conseguir que as escolas sexanámbitos seguros, onde os nenos poidan desenvolver as súas capacidades e todo o seu potencial.

Co apoio de todos, a través da educación, estamos a contribuír a romper o círculo da pobreza das comunidades máis desfavorecidas de República Dominicana. Aínda que pareza incrible, os nosos móbiles usados e gardados nun caixón pódense converter nunha mellor educación para miles de nenos e nenas.