5 mitos sobre as vacinas

Coa triste noticia da hospitalización dun neno infectado con difteria en Olot (Girona), volven aparecer informacións en medios e en redes sociais sobre a efectividade ou non das vacinas.

Vacinar un neno é unha das medidas máis efectivas para reducir a mortalidade infantil. As campañas de inmunización evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tosferina e sarampelo.

En 2014, dende UNICEF subministramos 2.710 millóns de doses de vacinas
para inmunizar un 40% dos nenos do mundo. Somos, pois, un dos maiores provedores de vacinas do mundo. Dende a nosa experiencia e coñecemento na loita contra a mortalidade infantil, queremos recordar 5 mitos sobre a vacinación.
 
1. As vacinas non só son necesarias en países afastados e pobres. A vacinación é vital para os nenos en calquera lugar do mundo, xa sexa en países de renda baixa, media ou alta. Os brotes de enfermidades que se poden previr como o sarampelo, a polio ou a tosferina son unha ameaza para os nenos en calquera lugar. Aínda que é menos habitual que nos países desenvolvidos se dean contaxios de enfermidades previbles con vacinas, a ameaza existe. Onde os nenos non están vacinados, as súas vidas e as das súas comunidades están en perigo. Ademais, calquera viaxeiro pode ser portador de enfermidades e e pode expandilas rapidamente en poboacións desprotexidas.

2. Non é unha decisión "tan" persoal. Todos formamos parte dunha gran comunidade onde circulan xermes. Se as familias toman a decisión de non vacinar os seus fillos, as súas comunidades corren un gran risco de enfermidades potencialmente mortais. As vacinas poden e teñen salvado a vida de millóns de nenos.

3. As vacinas non son tóxicas e antinaturais. Enfermidades como a varíola, a polio e a difteria son naturais, e poden matar. Por iso temos que combatelas! As vacinas non son tóxicas, son seguras e salvaron millóns de vidas. Se as vacinas contivesen doses daniñas de substancias químicas, non as apoiariamos, as organizacións de saúde pública non permitirían o seu uso e os médicos non as recomendarían.

4. As vacinas non causan autismo, infertilidade ou esterilidade. Este é un dos mitos que máis se repiten e que levou a que se transmitan enfermidades que doadamente podían previrse. Múltiples estudos científicos rigorosos desmentiron estas afirmacións. De feito, ningún estudo médico demostra que a inmunización sexa a causa de ningunha destas enfermidades.

5. Mesmo vacinándote podes infectarche dalgunhas enfermidades, pero aínda así as vacinas teñen sentido. Ningunha vacina é 100% efectiva, pero isto débese a que entre un 5% e un 10% das persoas non desenvolven inmunidade, malia ser vacinadas. Non obstante, mediante a inmunización da maior cantidade de poboación posible, o número de persoas afectadas redúcese significativamente.
 
Coñece máis sobre por que as vacinas salvan vidas

Hazte socio y diles que les quieres vacunados.

Elige ahora tu aportación mensual.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus aportaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 133 de lunes a viernes de 9h a 21h y sábados de 11h a 17h | [email protected]