Organiza a túa carreira Gotas

As carreiras de gotas celébranse cada primavera, enchendo de solidariedade os centros educativos e levando auga, saneamento e hixiene aos nenos e nenas de todo o mundo. Este curso queremos dar acceso a auga, hixiene e saneamento a cada vez máis nenos e nenas. Cada gota conta!

 

Unas niñas y niños esperan en posición de salida a que comience una carrera en una pista de atletismo.

Cada vez son máis os centros educativos que ao longo de todo o curso organizan carreiras solidarias para apoiar os programas de UNICEF en todo o mundo. Queres que o teu centro se una a Gotas?: Organiza a túa carreira e pon a túa gota.

As carreiras de gotas son unha actividade deportivo-festiva na que pode participar todo o mundo. Os familiares e amigos dos participantes poden patrocinalos, contribuíndo a reunir máis gotas. As carreiras da auga permiten aos centros educativos organizar un evento deportivo-solidario que una a alumnado, docentes e familias no logro dun obxectivo común: a mellora da supervivencia infantil en todo o mundo, a través da mellora do acceso cotián a auga, hixiene e saneamento da poboación.

Inscribete!: todos os centros educativos están invitados a participar. A inscripción e os materiais que se ofrecen son gratuítos. Cada centro pode personalizar a actividade como crea conveniente. O fundamental é que os participantes entendan e valoren a aportación que pode facer no logro dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo.

 

O MEU CENTRO QUERE PARTICIPAR, QUE PASOS DEBO SEGUIR?


1. Cumprimenta o formulario de inscrición

2. O centro recibe por correo os dorsais para os participantes. Importante: solicita os teus dorsais ao menos 15 días antes da carreira, para que podan chegar a tempo.

3. O centro decide a data e o lugar de celebración da proba e deseña o circuíto. A semana do 22 de marzo, Día Mundial da Auga, pode ser unha data idónea, pero calquera outra é benvida.

4. Os participantes márcanse un obxectivo económico individual, consensuado cos pais ou titores legais. A continuación buscan os seus patrocinadores entre a súa familia e amigos e solicítaselles unha aportación económica por cada volta ao circuíto que sexa capaz de dar para axudarle a cubrir o seu obxectivo. Neste momento cada participante debe informar sobre o propósito da campaña Gotas UNICEF.

5. Todo o recadado entregarase no centro educativo que o fará chegar a UNICEF facendo un ingreso na conta do Banco Santander -  IBAN: ES72-0049-1892-67-2910381058

6. Publica fotos ou vídeos das actividades realizadas no blog do teu centro educativo. Recorda avisarnos para que podamos darlle difusión. Tamén podes difundir a vosa actividade en redes sociais: #GotasUNICEF. Encántanos ter noticias da vosa carreira!

7. Todos os centros participantes serán recoñecidos como Centro Colaborador da Campaña Gotas.

Póster co texto: "Pon a túa gota"

Pon a túa gota!

Organiza unha carreira no teu centro educativo polo dereito á auga e a un medioambiente saudable para toda a infancia. Se tiveras algunha dúbida, podes contactarnos en [email protected]. 

 

 

Inscrición