Día da Nena: as nenas dedican un 40% de tempo máis ás tarefas do fogar que os nenos

As nenas dedican un 40% máis de tempo que os nenos, ou o que é o mesmos 160 millóns de horas máis, cada día, traballando en casa. No Día Internacional da Nena, en UNICEF queremos destacar a enorme desigualdade de xénero que se produce nos fogares desde os primeiros anos de vida.
Seguir lendo

Día Internacional da Muller: "Queremos libros, non maridos!"

“Queremos libros, non maridos!". Con esta frase, tan rotunda e tan directa, pechábase un post cheo de enerxía sobre a importancia da educación para as nenas escrito por unha moza bloguera. Bora, 14 anos, congoleña, valente, comprometida coa súa xeración, consciente dos retos para enfrontar, con moitas preguntas e con non poucas propostas.
Seguir lendo

UNICEF: Abafadora oposición á mutilación xenital feminina aínda que millóns de nenas seguen en risco

De acordo cun informe de UNICEF publicado hoxe, na maioría dos países onde se concentra a nociva práctica da mutilación ou ablación xenital feminina existe unha marcada oposición a ela. Non obstante, máis de 125 millóns de nenas e mulleres vivas hoxe en día foron sometidas á devandita práctica, e 30 millóns de nenas corren o risco de ser vítimas da mutilación/ablación na próxima década.
Seguir lendo

8 de marzo: hoxe buscamos "nenas" en Google

O 8 de marzo,Día Internacional da Muller, pode ser un bo día para facer un experimento. Só hai que buscar a palabra "nenos" en Google e ver os resultados da primeira páxina. A continuación faise o mesmo coa palabra "nenas". Os resultados poden ferir a sensibilidade de quen o ve, pero iso non é o máis importante: o grave é que o que realmente danan é a dignidade das nenas, a metade da poboación infantil do mundo.
Seguir lendo

Paquistán: protexer as nenas fronte ao matrimonio infantil

En Paquistán, na provincia de Sindh, UNICEF traballa para garantir protección e asistencia a decenas de miles de nenos e mulleres desprazados polas inundacións.
Seguir lendo

Cambiar una convención social perjudicial. La ablación o mutilación genital femenina (Cambiar unha convención social prexudicial. A ablación ou mutilación xenital feminina)a

Calcúlase que uns tres millóns de nenas e adolescentes en África Subsahariana e Oriente Medio sofren a ablación ou mutilación xenital feminina cada ano.O informe afirma que cun compromiso e un apoio adecuados, esta práctica milenaria tan arraigada podería eliminarse nunha soa xeración.n.
Seguir lendo

Estado Mundial de la Infancia 2007: el doble dividendo de la igualdad de género (Estado Mundial da Infancia 2007: o dobre dividendo da igualdade de xénero)

Eliminar a discriminación entre os xéneros e promover a autonomía da muller terá consecuencias profundas e positivas sobre a supervivencia e o benestar da infancia. A igualdade entre os xéneros produce un dobre dividendo ao beneficiar á muller e á infancia e é decisiva para a saúde e o desenvolvemento das familias, as comunidades e os países.
Seguir lendo

Progreso para la Infancia: Un balance sobre la mortalidad materna (Progreso para a infancia: un balance sobre a mortaldade materna)

Dende o ano 2004, a serie Progreso para a Infancia publicou importantes datos e análises sobre os avances do mundo cara ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Co subtítulo "Un balance sobre a mortalidade materna", o número 7 desta serie está centrado na mortalidade materna.
Seguir lendo

Estado Mundial de la Infancia 2009: Salud materna y neonatal (Estado Mundial da Infancia 2009: Saúde materna e neonatal)

O Estado Mundial da Infancia 2009 examina cuestións fundamentais relacionadas coa saúde materna e neonatal, e céntrase na necesidade de estabelecer unha atención continuada ás nais, aos recentemente nados e aos nenos.
Seguir lendo

Seguimiento del progreso en nutrición maternoinfantil (Seguemento do progreso en nutrición maternoinfantil)

Este informe analiza a situación mundial actual en relación coa malnutrición materna e infantil, revisando os progresos acadados e os retos pendentes. O estudo analiza o modo no que a malnutrición frea as posibilidades de desenvolvemento de nenos, familias e comunidades enteiras, chegando mesmo a causar danos físicos e cognitivos irreversibles.O informe analiza ademais os perfís dos 24 países con peor taxa de malnutrición e inclúe gráficos e táboas estatísticas. Só dispoñible en inglés.
Seguir lendo
Subscribe to Género