Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global

No teu centro educativo, os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, coñécense ou vívense?

Os dereitos da infancia non son só un contido que se pode aprender: son un instrumento que nos permite dar sentido a moitas iniciativas curriculares, organizativas e de clima escolar. 

Se queres introducir un enfoque de dereitos de infancia no teu centro educativo pero non sabes por onde empezar, presentámosche o proxecto Educación en Dereitos. Este proxecto está orientado á comunidade educativa no seu conxunto, para que poidades poñer en marcha un proxecto educativo innovador onde os dereitos da infancia sexan o eixo vida escolar.  

A educación baseada nos dereitos da infancia abarca a intervención nos seguintes ámbitos:

  •  Os programas de educación formal e non formal, así como os ambientes de aprendizaxe para os nenos, nenas e adolescentes.
  •  Os plans de estudos e a formación dos profesionais da educación.
  •  O fortalecemento da capacidade dos nenos e os adultos para poñer en práctica o seu compromiso cos dereitos da infancia e a aplicación destes principios na vida cotiá e na práctica profesional.
  •  A difusión a través dos medios de comunicación e doutras canles de información para concienciar e mobilizar aos membros da comunidade educativa en favor dos dereitos da infancia en todo o mundo.

3 acciones clave en el proceso

 

Cando a práctica docente integra os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conducta, transforma definitivamente a realidade do centro educativo.

Educación en derechos de infancia

Manuais de Educación en Dereitos

Coñece o último en Educación en Dereitos