A pobreza en España ten rostro de neno

Por primeira vez os nenos son o colectivo máis pobre en España

En España, case 2,2 millóns de nenos viven en pobreza relativa. Por primeira vez na historia deste país, os nenos convertéronse no colectivo máis afectado pola crise económica, segundo o informe A infancia en España 2012-2013 O impacto da crise nos nenos 

A pobreza infantil, estabilizada durante anos en torno ao 24% da poboación menor de idade, superou o 26%, unha porcentaxe que está case cinco puntos por enriba da media nacional. O documentoInfancia en España 2012-2013 destaca que en só dous anos hai case 205.000 nenos máis que viven en fogares cuns ingresos por debaixo do albor da pobreza.Entre os datos que recolle o informe, destaca que o número defogares con nenos con todos os seus membros adultos sen traballo creceu un 120% entre 2007 e 2010, case dúas veces máis que o total de fogares. Este dato demostra que o impacto da crise é máis forte nas familias con nenos, detectándose casos dun empeoramento das condicións de vida, que pode afectar á calidade da alimentación, á convivencia e asrelacións entre pais e fillos.En canto a persistencia e intensidade da pobreza, a pobreza crónica aumentou nun 53% en tres anos. Outro dato destacable é que en 2010 o 13,7% dos nenos vivía en fogares cun nivel de pobreza alta, sendo a cifra máis elevada de todos os países da Unión Europea dos 15, e só por debaixo de Romanía e Bulgaria na Europa dos 27.  

a importancia de protexer o investimento en infancia

A experiencia deUNICEF demostra que países de distintas rexións do mundo que en situacións difíciles fixeron un esforzo por aplicar medidas con 'rostro humano', protexendo os recursos dedicados ás familias e os nenos, tiveron unha saída mellor e máis sostible á crise. Por este motivo, faise imprescindible mirar máis alá do curto prazo, analizando detidamente o posible impacto presente e futuro das decisións que tomen en cada momento. Ademais de protexer o investimento na infancia, UNICEF avoga por unha mellora da calidade, a eficiencia e a coordinación das políticas destinadas á infancia. Os custos de non actuar agora non só afectan aos nenos e as familias máis vulnerables de forma inmediata, senón quecomprometen o crecemento e o benestar de toda a sociedade a medio e longo prazo.  

unha recuperación con rostro humano

Os nenos e nenas son os últimos responsables da crise dos últimos anos e, non obstante, están a sufrir as súas consecuencias de forma tan ou máis grave que outros colectivos. Pero o impacto da situación sobre eles está a ser case invisible, cando son os que menos capacidade teñen para enfrontarse á crise e ás súas consecuencias. A protección da igualdade de oportunidades para a infancia é unha cuestión de ética e xustiza, pero ademais é unha aposta estratéxica e transformadora, beneficiosa para o desenvolvemento sostible da sociedade. Pola contra, o custo de non actuar pode ter consecuencias irreversibles a medio e longo prazo.  

Propostas de UNICEF España
  • Protexer os investimentos destinados á infancia []
  • Poñer os nenos e as súas familias no núcleo das decisións políticas.  
  • Mellorar a coordinación, a eficacia e a coherencia na xestión da saúde, a educación, a protección da infancia e a loita contra a pobreza.  
  • Elaborar unPlan Nacional contra a Pobreza Infantil, tal e como recomendou en 2010 o Comité dos Dereitos do Neno e foi recollido nos programas electorais dos principais partidos nas pasadas eleccións.

Consulta o informe.

Máis información sobre o informe

Consulta as infografías sobre o impacto da crise nos nenos