Día mundial do lavado de mans: potente ferramenta contra a mortalidade infantil

O Día Mundial do Lavado de Mans, que se celebra hoxe, serve para recordar que esta práctica simple axuda a salvar vidas.

O lavado de mans é unha das medidas sinxelas coas que se pode reducir a mortalidade infantil.

Dende UNICEF Comité Español puxemos en marcha a campaña Agora non podemos parar para recordar que, a pesar dos avances, máis de 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga e hixiene ou unha nutrición axeitada.

AgORA NOn PODEMOS PARAR DE SALVAR VIDAS

"O lavado de mans con xabón é unha das vacinas máis baratas e eficaces contra as enfermidades virais, dende a gripe estacional ao arrefriado común, pero tamén para deter a propagación do ébola", explica Sanjay Wijesekera, director dos programas mundiais de Auga, Saneamento e Hixiene de UNICEF.

As cifras publicadas recentemente por UNICEF e a Organización Mundial da Saúde indican que máis de 340.000 nenos menores de 5 anos -case 1.000 ao día- morreron en 2013 a causa de enfermidades diarreicas debido á falta de auga potable, de saneamento e de hixiene básica.

Que podes facer ti para frear a mortalidade infantil?

Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o noso kit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es