Día Mundial do Lavado de Mans: - diarrea - desnutrición + vida =)

En UNICEF encántanos o Día Mundial do Lavado de Mans, que se celebra cada 15 de outubro, porque é o momento perfecto para lembrar que os xestos máis pequenos son capaces de salvar vidas miles de vidas

 

Un pouco de auga e xabón son a arma máis eficaz contra enfermidades infecciosas que ameazan a supervicencia de millóns de nenos. Pero, se hai dous inimigos principais contra os que loita o lavado de mans, eses son adiarrea e adesnutrición
 
Segundo os nosos últimos datos,cada día morren 1.600 nenos por mor deenfermidades diarreicas. Unha realidade que se pode reducir de forma rápida e efectiva grazas aos boshábitos hixiénicos e nutricionais.
 
Se a contorna no que vive o neno está limpo, aauga e a comida que inxeren están en condicións de ser consumidas, se recibiulactación materna cando era pequeno e, sobre todo, se se lava as mans con xabón antes de comer, o risco de padecer diarrea e outras enfermidades redúcese considerablemente.
 
Pero os beneficios desta práctica non acaban aí. A diarrea é unha das principais causas de desnutrición en nenos menores de 5 anos, polo que, o lavado de mans non só reduce o índice de enfermidades diarreicas, senón tamén as posibilidades que un neno ten de caer na desnutrición.
 
Un só xesto basta para loitar contra os principais inimigos da supervivencia infantil. Co lavado de mans podemos conseguirmenos diarrea, menos desnutrición e, por tanto,máis vida!

DÍA MUNDIAL Do LAVADO DE MANS: UN RETO MARCADO NOS ODS

A pesar do impacto positivo que esta práctica ten na saúde dos nenos, desde UNICEF detectamos que olavado de mans non está estendido en todos os países, sendo os de máis baixos ingresos onde menos habitual é. 
 
Desde hai un mes, o mundo ten uncompromiso firme que cumprir neste sentido. Os recentemente estreados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), que marcan a axenda de desenvolvemento para os próximos 15 anos, puxeron encima da mesa o acceso universal á auga e saneamento.
 
Para nós, é esencial que este acceso universal vaia acompañado dunha extensa promoción deprácticas de hixiene como o lavado de mans. Só así poderemos lograr que os nenos escapen deenfermidades facilmente prevenibles como adesnutrición ou adiarrea.