Decenas de millóns de nenos viven en situación de pobreza nos países máis ricos do mundo

No medio do debate sobre medidas de austeridade e axustes no gasto social, un novo informe revela o alcance da pobreza infantil e os niveis de privación cos que viven os nenos das economías máis avanzadas do mundo.

Na Unión Europea (xunto a Noruega e Islandia), uns 13 millóns de nenos carecen de ítems (elementos básicos que definen o grao de privación) necesarios para o seu desenvolvemento. Mentres,30 millóns de nenos viven en situación de pobreza en 35 países de economías desenvolvidas.O informe Report Card 10, da Oficina de Investigación de UNICEF, analiza osíndices de pobreza e privación infantil que atravesan os nenos no mundo industrializado, realizando comparativas no desempeño entre países.

Esta comparativa internacional, di o informe, demostra que a pobreza infantil nestes países non é inevitable, pero é susceptible ás políticas públicas, e que algúns países o están a facer mellor que outros en canto a medidas de protección para os nenos máis vulnerables. "Os datos insisten en que demasiados nenos seguen sufrindo carencias básicas en países que contan con medios abondo", dixoGordon Alexander, Director da Oficina de investigación de UNICEF. O informe tamén mostra que algúns países o fixeron ben - observando datos anteriores á crise - grazas aos sistemas de protección social que existían. O risco é que na crise actual, ata dentro de moito tempo non veremos as consecuencias das decisións pouco acertadas", engade Gordon Alexander.

Análise da pobreza e a privación

O informeReport Card 10analiza a pobreza e a privación infantil de dúas formas completamente diferentes  .

O primeiro indicador é o Índice de Privación Infantil. O Report Card 10 define o neno 'con privacións' como aquel que carece de dous ou máis ítemes de primeira necesidade incluídos nun listado de 14, tales como facer tres comidas ao día, dispoñer dun lugar tranquilo para facer as tarefas escolares, contar con libros educativos na casa, ou ter acceso a internet.

As taxas máis altas de privación encóntranse en Romanía, Bulgaria e Portugal (con máis do 70%, 50% e 27% respectivamente), aínda que mesmo algúns países máis ricos, como Francia e Italia, teñen taxas de privación superiores ao 10%. Ospaíses nórdicos teñen as menores taxas de privación entre nenos, rexistrando todos eles niveis inferiores ao 3%.

O segundo indicador analizado no Report Card 10 fíxase napobreza relativa, examinando a porcentaxe de nenos que viven por debaixo do albor da pobreza do seu país, definido como o 50% da renda mediana dispoñible dos fogares.

Deste xeito a Oficina de Investigación de UNICEF trata de estimar que porcentaxe de nenos estase a quedar moi por detrás do que é o normal nas súas sociedades. 

as políticas públicas poden ter impacto nas vidas dos nenos

Os países nórdicos e o Países Baixos teñen as taxas máis baixas de pobreza infantil relativa, en torno ao 7%. Australia, Canadá, Nova Zelandia e o Reino Unido teñen taxas de entre un 10% e 15%, mentres que máis do 20% dos nenos de Romanía e os Estados Unidos viven en situación de pobreza relativa. Só Dinamarca, Finlandia, Islandia, Países Baixos, Noruega, Suecia e Chipre encóntranse entre os dez primeiros países en ambos os dous indicadores. Chaman particularmente a atención no Report Card 10 as comparativas entre países con economías similares, o que demostra que as políticas públicas poden ter un impacto significativo nas vidas dos nenos. Por exemplo, Dinamarca e Suecia teñen taxas moito máis baixas de privación que Bélxica ou Alemaña, aínda que os catro países teñen niveis similares de desenvolvemento económico e de ingresos per cápita. "O informe deixa claro que algúns gobernos o están a facer moito mellor que outros ao afrontar as privacións dos nenos", sinalouAlexander. "Os que mellor o fixeron demostran que é posible loitar contra a pobreza no contexto financeiro actual. Na outra cara da moeda, fracasar na protección dos nenos fronte á crise é un dos erros máis custosos que unha sociedade pode cometer".

Pobreza infantil en España

UNICEF España presentou o pasado día 21 o seu informe  A infancia en España. O impacto da crise nos nos, que revela que case 2,2 millóns de nenos están baixo o  da pobreza. Este informe baséase en datosprovisionais 2011, datos definitivos de 2010 e de anos anteriores, mentres que o Report Card analiza datos de 2009, os últimos dispoñiblespara facer comparativas de 35 países. Por este motivo, os datos sobre pobreza infantil en España poden sufrir variacións entre ambos os dous informes.  

Máis información sobre a pobreza infantil en España