© UNICEF/UN0713616/Bunsak
© UNICEF/UN0713616/Bunsak
© UNICEF/UN0713616/Bunsak

Día Mundial
da Infancia

O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos
o 20 de novembro
, é un día dedicado a todos os nenos
e nenas do mundo.

O Día do Neno celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Mundial da Infancia é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.

Cando se celebra o Día Mundial da Infancia?

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo do Día do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Mundial da Infancia en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Mundial da Infancia?

Fotografía de una niña en un aula

Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.

Dedicar un día mundial á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Por que UNICEF conmemora o Día Mundial da Infancia?

UNICEF é a principal organización internacional que se encarga de protexer os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos. Levamos 75 anos traballando polos dereitos dos nenos. O noso labor baséase na Convención sobre os Dereitos do Neno, que se aprobou un 20 de novembro e cambiou a nosa forma de traballar.

No Día do Neno, UNICEF únese á comunidade internacional na promoción e defensa dos dereitos da infancia.

Que se pode facer neste día?

O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos dos nenos e para lembrar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todos os nenos e as nenas do mundo.

É un bo día para coñecer as distintas formas de colaborar cos nenos máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar e desenvolvemento.

Contido relacionado

El mural de los derechos

Dia Mundial da Infancia: o mural dos dereitos

Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia nos municipios.

Actividad para celebrar el Día Mundial de la Infancia

Ponlle arte aos dereitos da infancia!: #muraldereitos

Actividade para centros educativos - Se dedicases no teu colexio un mural aos dereitos, cales destacarías?.