UNICEF Educación

O programa educativo de UNICEF dirixido a centros de ensinanza

DESCOBRE MÄIS

 

Descobre as nosas propostas para centros educativos 

Educación en Dereitos

Os dereitos da infancia poden ser a guía que organice a vida escolar, que axude a resolver os conflitos cotiáns do centro e que conecte a aula co mundo.

Biblioteca de recursos

Actividades educativas sobre dereitos de infancia, desenvolvemento sostible, solidariedade e cidadanía global.

Rede de centros

A rede de centros educativos de UNICEF é un reflex do esforzo que desenvolven colexios, escolas e institutos no seu compromiso cos dereitos da infancia e a cidadanía global.

Actividades para o curso 2019/2020

Este curso temos unha nova oportunidade de facer algo grande na clase. Non chas perdas, contamos contigo!

 

Participación infantil: Educa dando ás

participación é un dereito da infancia e unha poderosa ferramenta educativa. Aquí encontrarás ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

DESCobRE MÁiS

 

 

 

Guía de actividades e recursos para o curso 2019-2020

Na guía para docentes “Educa dando ás”, abordamos a participación infantil e adolescente como unha oportunidade para reforzar un enfoque de educación en dereitos de infancia no centro educativo e como unha vía para contribuír ao desenvolvemento do máximo potencial de cada estudante. 

DESCARGA A GUÍA

 

 

Educación en dereitos de infancia: recoñecementos

Xa hai 109 centros educativos recoñecidos como Centros Referentes en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global. 

CO

Biblioteca: publicacións e recursos educativos

Últimas novas no blog

Preguntas frecuentes

Os nosos materiais educativos sobre dereitos de infancia, desenvolvemento sustentable e cidadanía global  están dispoñibles para descarga gratuíta en www.unicef.es/gal/educa

Anímate a utilizar as versións electrónicas dos nosos materiais, o planeta cho agradecerá. Cada curso escolar enviamos aos docentes e centros educativos rexistrados en www.unicef.es/educa unha guía de recursos con ideas para desenvolver un tema concreto sobre dereitos de infancia, desenvolvemento e cidadanía global na aula. Tamén facilitamos o acceso ás publicacións sobre Educación en Dereitos que se editan cada ano. Rexístrate para recibir gratis todos estes avisos!

Cada ano, miles de escolares participan nas carreras de Gotas que organizan os seus centros educativos para apoiar o traballo de UNICEF en Auga, hixiene e saneamento. As carreiras celébranse nas datas próximas ao Día da Auga (22 de marzo) e é unha oportunidade de unir á comunidade educativa por un obxectivo solidario a través dunha actividade divertida e educativa. Coñece máis sobre as carreiras da auga: www.unicef.es/educa/gotas Pon a túa gota!

Cada ano realizamos unha proposta educativa para que nenos e nenas de todas as idades poidan entender mellor os seus dereitos e converterse en defensores dos dereitos doutros nenos. Máis información sobre a actividade que preparamos para este curso

Si, actualmente está en marcha o curso on-line de formación do profesorado ""Dereitos de infancia: Como integrar no currículo os dereitos da infancia e a cidadanía global"", ofertado pola UNED en colaboración con UNICEF, dentro do catálogo de formación permanente do Ministerio de Educación.
Máis información: www.unicef.es/gal/educa/educacion-dereitos

O dereito á educación é clave para que todos os nenos e nenas poidan converterse en cidadáns de pleno dereito. Unha escola comprometida cos dereitos da infancia entende isto como a base do seu proxecto, de tal modo que a comunidade educativa non só coñece os dereitos da infancia, senón que os vive no día a día, facendo aos propios nenos e nenas partícipes dunha potente transformación de calidade educativa.

Descobre máis: www.unicef.es/gal/educa/educacion-dereitos

 

UNICEF España recoñece o esforzo que realizan os centros educativos polos dereitos da infancia no mundo, na súa contorna e no seu propio proxecto de centro mediante unha serie de recoñecementos, en función do grao de implicación do centro. Máis información: www.unicef.es/gal/educa/centros-referentes

As Escolas Amigas de UNICEF asinan un acordo no que se comprometen a incorporar os dereitos de infancia no seu proxecto educativo e a colaborar cos proxectos de cooperación e emerxencias de UNICEF en todo o mundo a través de accións de captación de fondos.

Máis información sobre Escolas Amigas de UNICEF.