No teu centro educativo, os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, coñécense ou vívense?
Os dereitos da infancia non son só un contido que se pode aprender: son un instrumento que nos permite dar sentido a moitas iniciativas curriculares, organizativas e de clima escolar.
Se queres introducir un enfoque de dereitos de infancia no teu centro educativo pero non sabes por onde empezar, presentámosche o proxecto Educación en Dereitos. Este proxecto está orientado á comunidade educativa no seu conxunto, para que poidades poñer en marcha un proxecto educativo innovador onde os dereitos da infancia sexan o eixo vida escolar.
A educación baseada nos dereitos da infancia abarca a intervención nos seguintes ámbitos:
- Os programas de educación formal e non formal, así como os ambientes de aprendizaxe para os nenos, nenas e adolescentes.
- Os plans de estudos e a formación dos profesionais da educación.
- O fortalecemento da capacidade dos nenos e os adultos para poñer en práctica o seu compromiso cos dereitos da infancia e a aplicación destes principios na vida cotiá e na práctica profesional.
- A difusión a través dos medios de comunicación e doutras canles de información para concienciar e mobilizar aos membros da comunidade educativa en favor dos dereitos da infancia en todo o mundo.
Que fai especial unha escola en dereitos?
1
Comprométese co desenvolvemento de cada estdante ata o máximo das súas posibilidades.
2
Promove en cada alumno o recoñecemento de si mesmo e de os demáis como persoas con dignidade.
3
Fomenta que educadores e familias guíen e orienten a nenos, nenas e adolescentes no exercicio dos seus dereitos e responsabilidades.
4
Promove unha contorna que fomenta a igualdade, o respecto pola dignidade das persoas, a saúde e a convivencia pacífica.
5
Adopta as medidas necesarias para garantir a protección fronte ao maltrato, as humillacións e os abusos.
6
Promove que nenos, nenas e adolescentes disfruten da súa liberdade de información, crenzas, expresión e participación.
7
Garante a protección fronte a calquera forma de discriminación.
8
Impulsa a formación de cidadáns comprometidos co cumprimento dos dereitos humanos en todo o mundo.
9
Defende o dereito da infancia a disfrutar do xogo e a participar na vida cultural e as artes.
Educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos: unha escola comprometida cos dereitos da infancia, convérteos na base do seu proxecto educativo, impulsa que a comunidade educativa os viva no día a día e fai aos propios nenos e nenas partícipes do cambio.
3 acciones clave en el proceso

Autoavaliación e plan de acción
Coñecede o punto de partida do voso centro
Antes de iniciar un proxecto de Educación en Dereitos é importante saber se a comunidade escolar coincide na visión que ten sobre os dereitos da infancia na vida escolar. A partires de aquí elaboraredes un plan de acción cos pasos iniciais para transformar o voso centro nun referente de dereitos de infancia.

Programa de postgrado
Curso de formación do profesorado
Cada ano se realizan varias edicións deste curso, ofertado pola UNED e UNICEF, sobre a metodoloxía e ferramentas para a integración dos dereitos da infancia no PEC e a PGA. Orientado a docentes en activo.

Reconocimientos
Centros educativos referentes
Desde 2017, UNICEF recoñece aos centros educativos que iniciaron un proxecto de Educación en Derechos, convertindo os dereitos da infancia e a cidadanía global no motor da vida escolar.
Cando a práctica docente integra os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conducta, transforma definitivamente a realidade do centro educativo.

Manuais de Educación en Dereitos
Coñece o último en Educación en Dereitos

26/04/2022
Únete ao MOOC "Educación en derechos de la infancia y ciudadanía global"
En mayo comienza la segunda edición de este MOOC de INTEF y UNICEF. Si eres docente y te interesa inscribirte, ya puedes hacerlo.
04/06/2021