1001 proxectos polo planeta: Descarga o teu caderno de misión!

Nesta páxina poderás personalizar e descargar o caderno de misión para a túa aula ou grupo

Queres que a túa aula se sume aos 1001 proxectos polo planeta? A participación de nenos, nenas e adolescentes é clave fronte ao cambio climático: é o seu futuro e o seu presente! Moitos pequenos proxectos poden lograr algo grande.

 

 

Dádelle vida ao voso caderno! 

  • Imprime o PDF polas dúas caras
  • Utilizade o calendario e a páxina de planificación conxunta para establecer o obxectivo do voso proxecto, os prazos e os recursos que necesitaredes.
  • O PDF inclúe tantas páxinas individuais como alumnos teña o teu grupo: reparte unha por participante. No anverso, cada participante comprométese a unha tarefa específica dentro do proxecto, o reverso está reservado para engadir fotos, frases, debuxos, gráficos...
  • Engadide tantas páxinas como consideredes necesario. O caderno pode gardarse nun arquivador, para ir completándoo a medida que avanza o proxecto ou ser encuadernado cando esté terminado
  • Non esquezades a ficha de avaliación e aprendizaxe: cada caderno de misión xurde do esforzo de todos: o éxito non está en conseguir logros moi visibles senon en aprender como podemos traballar desde pequenos para protexer a nosa contorna e defenfer os nosos dereitos
  • Elixide unha data para a presentación de resultados: o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, pode ser unha boa data para dar publicidade ao proxecto
  • Que todo o mundo coñeza o voso proxecto: publicádeo no noso blog ou difundilo en redes co hashtag #1001ProxectosXElPlaneta

Actividades e recursos: Dereitos da infancia e cambio climático