A Xunta de Galicia colabora con UNICEF en Guinea Bissau

A Xunta de Galicia concedeu 60.000€  a UNICEF para a execución do proxecto: "Mellora do acceso á auga potable, instalacións de saneamento da Infancia e educación en Hixiene en Guinea Bissau". A falta de auga e instalacións de saneamento nas escolas ten moito que ver co abandono escolar temperán en Guinea Bissau, especialmente o das nenas. Algo tan sinxelo como unha letrina protexida cunha porta hai moito pola dignidade dos escolares, ofrecéndolles hixiene e protección fronte ás miradas alleas. No mundo en desenvolvemento, son incontables as rapazas que abandonan os estudos por non poder usar un baño na escola, especialmente coa chegada da adolescencia. Da mesma maneira, en lugares onde a universalización das canalizacións de auga é aínda un sono afastado, a posibilidade de ter na escola un punto de acceso a auga limpa e segura para o consumo, hai moito pola saúde dos estudantes. Os beneficios son bidireccionais e multiplícanse: a educación abre a porta á saúde, a través da promoción da hixiene nas escolas e o ensino de hábitos saudables e a saúde favorece a educación, ao evitar o absentismo escolar por enfermodades prevenibles relacionadas coa auga.

O presente proxecto dotará de fontes de auga potable e instalacións de saneamento separadas para nenos e nenas escolas do sur de Guinea Bissau, promovendo prácticas de hixiene seguras a través da creación de Clubs Infantís de Hixiene, nos que os nenos e nenas aprenderán este tipo de prácticas e as trasladarán aos seus fogares, converténdose en actores do desenvolvemento da súa comunidade. Espérase reducir as enfermidades e mortes infantís relacionadas coa auga e promover a permanencia das nenas na escola. O proxecto levarase a cabo hasta o 30 de novembro do 2012.

 

Participa no Blog!

Cada semana ocorren cousas novas nos centros enredados e leste é o lugar para compartir as vosas experiencias. Tamén atoparás aquí información de última hora sobre novidades relacionadas coa Educación para o Desenvolvemento. Contribúe coas noticias das actividades que desenvolva o teu centro! (lembra iniciar sesión para poder publicar a túa noticia).

Comparte a túa experiencia