1001 proxectos polo planeta
Suma o teu!

O 20 de novembro é o día no que todos celebramos os dereitos da infancia: é unha data para o coñecemento, o compromiso e a acción. Este curso propoñemos transformar o día nun gran momento para comunicar que o cambio climático é cousa da infancia e que nenos, nenas e adolescentes teñen moito que dicir e facer sobre este problema. Convidámosvos a crear durante o primeiro trimestre un caderno de misión para toda a clase, onde establezades un obxectivo conxunto polo medio ambiente cos compromisos e metas de cada participante.

Este proxecto permitirá ao alumnado adquirir competencias de planificación, traballo en equipo, solución de problemas e participación, á vez que axuda a entender que, para solucionar un problema, coñecelo e falalo non sempre é suficiente… Ás veces o mellor é poñernos ao choio!

Comparte o teu proxecto nas redes sociais: #1001ProxectosXoPlaneta

Hoxe empeza o voso proxecto polo planeta e os dereitos da infancia:

 

 

Prepara o caderno personalizado co nome do teu centro e a túa aula ou grupo  e descarga e imprime o PDF resultante para que poidades úsalo durante o proxecto.

Elixide un obxectivo conxunto, obxectivos e tarefas individuais ou por grupos pequenos e planificade con axuda das fichas e o calendario que inclúe o caderno.

Paso a paso, avanzade no proxecto para poder finalizalo na data que establecestes. Ide enriquecendo o caderno de misión con debuxos, fotos e páxinas adicionais cos vosos progresos.

O 20 de novembro pode ser un gran día para publicar os resultados do proxecto! Podedes ler e asinar o manifesto que inclúe o caderno e presentarllo a todo o centro, ás familias, ao municipio...

 

PERSONALIZA O PDF

Se tiveses algún problema,
por favor escríbenos a [email protected]

 

Que contén o caderno?

  • Páxinas personalizadas co nome do voso centro, o grupo ou aula, o número de participantes e o nome do voso proxecto. É único e irrepetible!
  • Un manifesto co compromiso do grupo polo planeta e os dereitos da infancia.
  • Unha ficha para a planificación conxunta do proxecto: cal é o obxectivo, datas clave, recursos, prioridades de acción…
  • Un calendario para anotar os principais fitos do proxecto.
  • Unha ficha personalizada para cada participante do proxecto, coa súa responsabilidade nel, as súas expectativas e o seu compromiso.
  • Páxinas para incluír imaxes, fotos, ideas e frases de apoio ao proxecto.
  • ...E o máis importante: O voso proxecto! Podedes encadernar ou arquivar as follas e engadirlle cantas páxinas necesitedes para darlle forma.

PERSONALIZA O PDF

Se tiveses algún problema,
por favor escríbenos a [email protected]

Non esquezas:

- Esta actividade pode realizarse desde Educación Infantil ata Bacharelato, adaptando a complexidade do proxecto á idade do noso alumnado. Consulta a guía de curso 2017-2018 "O noso planeta, os nosos dereitos" para máis ideas sobre como enfocar o tema para distintas idades.

- Cada caderno de misión é froito do esforzo de todos: o éxito non está en conseguir logros moi visibles senón en aprender como podemos traballar desde pequenos para protexer a nosa contorna e defender os nosos dereitos.

- Non esquezades compartir o voso proceso de traballo no noso blogue e en redes sociais, coa etiqueta #1001ProxectosXoPlaneta. Encantaranos ter noticias do voso proxecto!

Estamos a tu disposición para resolver cualquier duda

No dudes en contactar con nosotros: [email protected]

Actividades e recursos: Dereitos da infancia e cambio climático