Voces que non se escoitan

Este post foi publicado no blog 3500 Millóns de El País

Escrito por Marta Arias, directora de Sensibilizacion e Politicas de Infancia en UNICEF España.

Se es lector habitual deste blog, témome que entras nominoritario grupo de persoas ás que interesaa sección de Internacional dos xornais. Mesmo no máis reducido aínda daqueles que poñen un ollo no que pasa fose daUE e de Estados Unidos. Seguramente oíches falar, e moito, de Sirya, Haití ou oSahel. Pode quedifundises en redes sociais algunha campaña ao respecto, que che indignases cos datos, que pedises aos gobernos do mundo que actúen para rematar con algún conflito, ou con algunha fame. Pero estou convencida (e non é culpa túa) de que te custaría recordar o nome dun neno ou nena que viva nalgunha destas zonas do planeta. Terás visto a moitos nas imaxes, pero terás lido ou escoitado poucas historias sobre eles. E, case seguro, nunca llelos puideches escoitardirectamente. En xeral, oímos pouco os nenos. Escoitámolos aínda menos. E aos nenos que viven nos cantos máis desesperados do planeta, menos aínda. Falan os representantes políticos, os analistas internacionais, os traballadores humanitarios... peronunca falan eles. E, non obstante, son os máis vulnerables cando unha crise golpea. E teñen que dicir moito.

Voces dos nenos en emerxencias

Así que puxemos en marcha unha campañapara que se escoite a súa voz. E para que ti poidas, ademais de escoitalos, facer que outros moitos os escoiten. Chámase Voces dos nenos e forma parte dun proxecto conxunto entreUNICEF e aUnión Europea, que colaboran dende hai máis de 20 anos en levar a atención máis urxente a millóns de nenos e nenas nos contextos máis difíciles. E si, hai famosos. Se picaches no linkanterior terás visto a Pau Gasol poñer voz á historia deMichel, de 13 anos, de Filipinas. A nivel internacional, EwanMcGregor prestou a súa voz a Mustafá. E esta mesma semanaImanol Arias estivo a visitar Za'atari, o segundo campo de refuxiados máis grande do mundo. A mensaxe dos tres é común e encántame, porque non pode ser máis claro: "como ninguén escoita a súa voz, decidín prestarlle a miña". Pero non só os famosos poden facer oír a súa vozhoxe en día. Cada un de nós ten un altofalante, de maior ou menor alcance, que podemos poñer ao servizo da voz deMichel, Aia ou Mustafá. Porque ten que contar moito e ademais teñen moitas cousas por facer.E só se conseguimos que a súa presenza sexa constante nas nosas vidas, nos nosos medios de comunicación e nas nosas axendas de acción, poderemos converter ese risco que os axexa cada día en novas oportunidades.Todos nos sorprendemos algunha vez coa capacidade de recuperación dos nenos. E coa lucidez das súas mensaxes. Fagámoslles espazo por un momento no noso día a día. Porque queremos, e debemos, escoitar a súa voz.