UNICEF protexe os nenos de Sirya que chegan sós aos campos de refuxiados

Por Melanie Sharpe, UNICEF.

UNICEF e os seus aliados traballan para identificar e protexer os nenos de Sirya que chegaron sós, sen os seus pais ou familiares adultos, ao campamento de refuxiados de Za'atari, en Xordania, o segundo campo de refuxiados máis grande do mundo que acolle hoxe máis de 120.000 persoas.

Nun centro de protección da infancia para nenos de Sirya que chegaron sós ao campo de Za'atari encontramos a,Ahmad*, de 12 anos, que frega os seus ollos inchados. Cóntanos que os seus ollos lle molestaron dende que era pequeno, cando empezou a traballar. "Pero aquí déronme medicinas, así que se poñerán mellor," di.
 

AHMAD, DE 12 AnOS, chEGA Só Ao CAMPO

Hai unhas semanas, Ahmadcamiñaba só arredor do campo. Os traballadores sociais leváronlle ao centro especializado de UNICEF para menores non acompañados ou separados das súas familias.Dende que o campo de Za'atariabriu en xullo de 2012, identificáronse máis de 1.000 nenos non acompañados ou separados.

Orixinario deDara ´ a, Ahmad explica: "Vin aquí porque, cando estaba na miña cidade, a nosa casa se sacudía catro ou cinco veces ao día debido aos bombardeos".

Ahmad non conta por que deixou a súa avoa, pero, por algunha razón, viaxou el só 70 quilómetros en autobús dendeIrbid ata o campo de Za'atari.

As súas dúas actividades favoritas son nadar e xogar ao fútbol, cóntame. Por agora,Ahmad está ao coidado constante dos traballadores sociais. Asiste aos espazos amigos da infancia e está apuntado para volver á escola este mes.

"Estou a desexar volver á escola. Quero ter un futuro. Gustaríame ser médico, ou mestre, ou enxeñeiro", di.
 

iRMáNS REUNIDOS

Hassan estivo no campo deZa'atari menos de 24 horas. Ten 16 anos e chegou só ao campo.

Orixinario deHoms, abandonou a escola no oitavo grao e trasladouse a Líbano, onde traballaba nun restaurante para poder manterse e enviar diñeiro á súa familia. A vida cambiou cando empezou a guerra. "Empezaron a bombardear a miña cidade, así que a miña familia abandonou Sirya e foron a Xordania", conta. "Despois de que se fosen, perdemos o contacto. Estaba tan preocupado que caín enfermo. Todo o que quería era vir aquí e reunirme con eles".

Hassan viaxou só pola fronteira con Xordania durante tres días. Antes de marchar, Hassan díxolle ao seu irmán Bilal, de 21 anos, que estaba en camiño.

"Os traballadores do Comité Internacional de Rescate chamáronme onte á noite e dixéronme que o meu irmán estaba aquí", canta Bilal. "A última vez que o vin foi hai tres meses. Estou moi contento de que estea aquí, agora poderei coidar del".

Hassan quedará no centro de protección deUNICEF as próximas 24 horas, ata que os traballadores sociais rematen co proceso de reagrupamento familiar, para asegurarse de que Hassan está seguro ao coidado do seu irmán.
 

PROTECCIÓN 24 HORAS Ao DÍA

Hai moitas razóns polas que os nenos de Sirya están a escapar sós do seu país.

Algúns fano polo medo que teñen aos grupos armados, ou a ser arrestados por ter algún membro da familia loitando. Outros queren afastarse da violencia constante que viven, e foron forzosamente separados das súas familias. Outros viron morrer os seus familiares.

"Encontramos nenos de tan só 9 anos chegando ao campo sós", conta a representante deUNICEF en Xordania, Dominique Hyde. "Todos eles viron enormes atrocidades e enfrontáronse a un perigo inmenso ao fuxir do conflito sen a súa familia. Estes nenos son extremadamente vulnerables ao abuso e a explotación".

UNICEF e o Comité Internacional de Rescate ofrecen apoio especializado 24 horas ao día para identificar e protexer estes nenos.

Un proceso moi rigoroso verifica os lazos familiares antes de que os nenos se reúnan coas súas familias. Nos casos nos que non se poden encontrar os lazos familiares, os nenos quedarán con familias de acollida no campo de Za'atari que foron coidadosamente seleccionadas, informadas e aprobadas. Os traballadores sociais levarán a cabo un seguimento diario destes nenos.

Como a crise de refuxiados continúa en toda a rexión, é probable que máis nenos como Hasaan e Ahmad empecen unha perigosa viaxe eles sós.

UNICEF e os seus aliados traballan para asegurarse de que estes nenos, os máis vulnerables, están protexidos, de forma que a súa perigosa viaxe de fuxida acabe ben.

Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao28028, ou realizando un donativo a través da web:www.unicef.es/siria

*Los nomes cambiáronse.