"UNICEF cambiou a miña vida cando eu era un neno na miña aldea de Nepal"

Post de Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

Hai uns días Navendra Dahal, Responsable de Educación de UNICEF Bangla Desh, contounos a súa historia. Teríalle gustado ter ao seu lado un neno que explicase como o traballo de UNICEF cambiara a súa vida... pero non había un neno. " Aínda que --di-- si trouxen alguén que pode contalo: UNICEF cambiou a miña vida cando eu era un neno na miña aldea de Nepal. Gustaríame ensinarvos unha foto de cando era neno, pero non había fotógrafo no meu pobo".  

Fun oprimeiro neno da historia do meu pobo en servacinado. Outros non tiveron tanta sorte, como a miña irmá, que non chegou a cumprir os cinco anos de vida," engade.Navendra conseguiu ir á escola, pero non tiña libros. Ata que un día llelos deron e empezou a compaxinar o colexio co coidado do gando e as camiñadas para ir a por auga a un bosque que lle daba moito medo. "Ata que UNICEF trouxo a auga. Non sabía entón queUNICEF estaba detrás dasvacinas, dos libros e daauga,".Logrou estudar para converterse en profesor. "Camiñei cinco días para chegar ata o colexio no que me formei", explica. Na última fase dos seus estudos foise a outro centro para rematar a súa formación e alí estaba UNICEF outra vez, con auga, saneamento, programas de nutrición... " A súa vida profesional estivo e está ligada á organización que levou a primeira vacina, libros e auga á súa aldea. Traballou enNepal, Cambodja e Laos, onde en dous anos logrou que todos os nenos de Primariativesen libros. Agora segue conseguindo cousas para os nenos de Bangla Desh. Hai pouco o seu fillo e os seus amigos conseguiron un diñeiro enHalloween e decidiron que llo darían a unha organización dedicada á infancia. O fillo de Navendra explicou aos demais o que UNICEF fixera no pobo do seu pai e os rapaces decidiron entregar o seu donativo a UNICEF. "Podemos confiar en UNICEF. O meu pai traballa alí", díxolles.