Unha vacina contra a pobreza

Post publicado por Gonzalo Fanjul no blog 3500 Millóns de El País

O pasado xoves fixemos público o traballo que estiven a realizar co Comité español de UNICEF e o Instituto de Saúde Global de Barcelona acerca do impacto da axuda española en Mozambique. Como nos dous estudos anteriores (Mauritania e Bolivia) a análise céntrase en políticas de saúde (inmunización, neste caso) e nos seus efectos sobre a mortalidade infantil. Os resultados do informe apuntalan a idea dunha axuda cuxos beneficios éticos e prácticos non poden ser ignorados.

 

Suxírolles algunhas cifras para a reflexión:
  • 1,6 millóns: o número de nenos cuxasvidas foron salvadas dende 1990 grazas aos avances de saúde de Mozambique, de acordo con UNICEF. En só 15 anos, o terceiro país máis pobre do planeta reduciu á metade as taxas de mortalidade dos menores de cinco anos.
  • 70 por cento: a cobertura de inmunización en rutinas básicas que inclúen as tétanos, o sarampelo ou a difteria alcanza xa a maior parte dos nenos mozambicanos. As vacinas xogaron un papel central neste proceso, o que as converte nunha das poucas "balas de prata" do desenvolvemento en termos de custo-eficacia. A extensión de vacinas existentes como a do pneumococo (contra algunhas enfermidades respiratorias) e a do rotavirus(contra algunhas formas de diarrea) podería supoñer unha nova zancada na loita pola supervivencia infantil. As da SIDA e a malaria, aínda por chegar, poderían ter efectos tectónicos nos niveis de supervivencia.
  • 232 veces: as quemultiplicou en 2008 o gasto en saúde de España con respecto a Mozambique, cuxa poboación supera xa os 21 millóns de habitantes. O país afronta o reto de redistribuír axeitadamente os beneficios dunha economía á alza (o PIB creceu o 45% dende 2008), pero neste momento resulta inconcibible soster os programas sociais sen o apoio dos doadores externos. Máis do 40% do presuposto do Goberno para saúde depende da cooperación internacional.
  • 3 décadas: o tempo que leva acooperación española no país. Ao longo destes anos España chegou a converterse nun referente da comunidade de doadores. Só no ámbito da saúde, a axuda española superou os 110 millóns de dólares ao longo dos dez últimos anos, nunha estratexia complexa que inclúe o apoio presupostario ao goberno, o financiamento de ONG, o impulso de iniciativas multilaterais e a cooperación científica.
  • 100.000 vidas: salvadaspolas contribucións de España aosprogramas de malaria do Fondo Mundial, de acordo cos cálculos de ISGlobal. Outros 39 millóns de nenos escaparon dunha vida de minusvalidez grazas a estes recursos. O financiamento que a Cooperación Española concede ao centro de investigacións deManhiça, en Mozambique, está á cabeza do esforzo global por rexistrar a primeira xeración de vacinas contra a malaria. Un esforzo que xera en retornos económicos directos e indirectos para a ciencia española 1,71 euros por cada euro invertido.
  • 33 empresas españolas: as que desembarcaron en Mozambique o pasado mes de outubro buscando oportunidades de negocio nunha das economías máis dinámicas de África. As empresas apóianse no prestixio e a lexitimidade construídos por España ao longo de moitos anos de solidariedade e cooperación coas poboacións pobres do país.
  • Un terzo: os recursos dispoñibles en 2013 para a cooperación con Mozambique, con respecto ao que había en 2008.