Un percorrido por Badin, afectado polas inundacións

Por Abdul Sami Malik, UNICEF Pakistán

Percorrer o distrito de Badin é como un 'déjà vu'. As fortes chuvias do monzón que provocaron un desastre sen precedentes en Paquistán durante 2010 volveron reforzadas para azoutar o sur do país. Máis de 5 millóns de persoas resultaron afectadas e segundo o prognóstico meteorolóxico, espéranse máis chuvias nos próximos días.

Dos 23 distritos que compoñen a provincia de Sindh, 22 víronse afectados, polo que asactividades de recuperación e rehabilitaciónrealizadas polas organizacións humanitarias recibiron un duro golpe. O distrito de Badin, que tivo a fortuna de que non lle afectase as inundacións de 2010, e que albergaba poboacións desprazadas dos distritos veciños, foi agora un dos máis gravemente danados. O 68% dos máis de 1,4 millóns de habitantes viuse afectado. Máis de 500 persoas desprazadas refuxiáronse nun colexio da cidade de Badin, que leva case un mes convertido en campamento de desprazados, con instalacións de saneamento insuficientes.

a historia de Zubaida

Zubaida é unha muller viúva que vive no campamento improvisado xunto aos seus cinco fillos, dende que tivo que abandonar a súa aldea debido ao aumento do nivel

 da auga. Aínda que está firmemente decidida a superar a situación, laméntase dos servizos insuficientes: "Estivemos a vivir neste campamento durante un mes sen moita axuda de ninguén. Ás veces obtemos auga potable da cisterna, pero teño que cociñar para os meus fillos. Hai auga sucia arredor e mesmo dentro do edificio. Varios nenos están enfermos, pero non temos nin médicos nin medicinas".  
Na aldea de Fatehpur, preto da cidade de Badin, 55 familias alóxanse no edificio dunha escola primaria. O edificio ten entre 60 e 90 centímetros de auga ao seu arredor e a xente debe camiñar coa auga ata os xeonllos para abandonar ou entrar na súa casa. Os animais mortos que flotan na auga, os mosquitos e a falta de auga potable supoñen unha grande ameaza para a poboación. "Non" podo chegar "á miña casa. É demasiado perigoso camiñar pola auga que o rodea todo. Os meus fillos son moi pequenos e non están ben. Alóxome neste refuxio temporal e preparo a comida para os meus fillos. Irémonos para a casa cando decreza a auga", di Rehana, que vive no centro da aldea cos seus fillos.