Un día calquera

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

A familia Abdallah tiña unha tenda nos arredores de Damasco ata que hai 10 meses a guerra chamou á súa porta. Entrou, rompeu as súas vidas e deixounos empapados en medo.

Os seus días discorrían como os nosos: negocio familiar como medio de vida, os nenos ían á escola, tiñan un fogar, amigos, e un servizo de saúde que cubría as súas necesidades. "Antes da guerra, Sirya era un lugar moi bo, pero coa guerra foi moi duro, destruíron a nosa tenda e fómonos", contáballe Sulimán, de 10 anos, aPau Gasol durante a súa viaxe a Iraq como embaixador deUNICEF.

Fixeron o camiño ás veces en coche e ás veces a pé ata chegar á fronteira co norte de Iraq, na rexión do Kurdistán. Os pais e cinco nenos. Chegaron ao campo de refuxiados deDomiz, en Dohuk, e encontráronse con que non habíasitio...o campo levantouse na primavera de 2012 para acoller 15.000 persoas e a súa poboación xa se triplicou.

A alternativa foi buscar unha vivenda en bloques de apartamentos. Dúas familias -8 nenos- comparten piso, sen traballo, pagando un aluguer e con pouca axuda. Como eles, hai cen mil refuxiados sirios en Dohuk, difíciles de localizar polas axencias de axuda humanitaria para garantir que as súas necesidades están cubertas e que os nenos poden ir á escola.

Sulimán non sabe todo isto, non sabe que el é un dos 4 millóns de nenos sirios que sofren as consecuencias dunha guerra, e non sabe que as organizacións humanitarias temos grandes dificultades para conseguir chegar a cada un deles porque non hai recursos abondo. O mundo non fala desta grave crise de refuxiados, o mundo fala do conflito.
 
Pero o que tampouco sabe Sulimán é que a visita dese señor tan alto que estivo na súa casa iraquí está a facer que unha parte do mundo mire aos ollos a eses millóns de nenos como el, que tiveron que fuxir asustados, deixando atrás a súa vida e que só queren "que remate a guerra, volver á miña casa e que os meus irmáns e eu poidamos volver á nosa escola". Mentres, necesitan a nosa axuda.

Para máis información sobre o traballo de UNICEF nacrise de Sirya pica aquí.
 
Para contribuir a este traballo, podes enviar un sms coa palabra UNICEF ao 28028 odoar aquí