Tifón en Filipinas: subministracións que chegan ás áreas afectadas máis difíciles de alcanzar

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

No noso camiño a Guiuan, a 130 quilómetros de Tacloban, vimos unha devastación total en todos os bangalays (os distritos filipinos) polos que pasamos.

Na estrada moitos nenos sostiñan carteis escritos a man con mensaxes de socorro. "Axudádenos. Necesitamos comida e auga". Nos tellados de moitas casas hai máis mensaxes coa esperanza de que os avións ou helicópteros poidan axudarlles pronto. "Por favor rescatádenos porque temos fame".

"A miña casa está destruída. Estou a tratar de arranxar esta que o concello me permitiu usar", cóntame Editha Luceño, nai de sete fillos, mentres sostén un martelo na súa man. "Recibimos algo de comida, arroz e sardiñas, pero só dúas veces dende o tifón". Dende entón, Editha e a súa familia estiveron no centro de evacuación da cidade.

A destrución enGuiuan éenorme. Nesta cidade de 47.000 habitantes, 23.000 persoas están desprazadas.

UNICEF proporcionou á poboación desta cidade costeira 2.000 kits de hixiene e 2.000 bidóns. Un camión con toldos, kits recreativos para nenos e máis bidóns está en camiño.

Os kits de hixiene serven para 6 persoas dunha familia e conteñen xabón, pasta de dentes, cepillos de dentes, cortaúñas, toalliñas sanitarias, dúas sabas e un cubo.

"Dous dos meus fillos teñen diarrea, no centro de evacuación viulles un médico e recuperáronse". Evitar a propagación de enfermidades é unha das prioridades de UNICEF, e o mellor xeito de facelo é proporcionar auga potable. Estanse a distribuír comprimidos purificadores de auga, depósitos de auga e unidades de tratamento de auga para cubrir as necesidades da poboación.UNICEF está tamén a organizar unhacampaña de vacinación contra o sarampelo que empezará dentro de pouco.
 
"130 quilómetros de devastación, árbores sen follas, casas esnaquizadas... pero a xente está a empezar areconstruír as súas vidas. Temos que axudalos, diDan Toole, director rexional deUNICEF Asia Leste e Pacífico na súa visita ás familias de Guiuan.

Non importa a distancia nin o difícil que sexa o acceso. UNICEF está a traballar para chegar a todas as comunidades onde os nenos foron afectados polo tifón, para que poidan sobrevivir e volver ter unha vida normal o antes posible.