Tifón en Filipinas: "os nenos necesitan toda a nosa axuda"

Por Kent Page, voceira de Unicef en Filipinas 
 

Hoxe fun cun equipo de UNICEF a Tacloban, estou seguro que todos oístes ese nome: é a cidade de máis de 200.000 habitantes que foi destruída polo super tifón Haiyan e dende a que están a informar a maioría dos medios.

E con razón, porque a xente de Tacloban necesita toda a axuda posible. Sobre todo os nenos.

Pero quizais non oísedes falar da cidade de Tanauan, que ten unha poboación de máis de 50.000 persoas. Tanauan está a uns 30 quilómetros ao sur deTacloban.

Ata onde alcanza a vista, non hai un só centímetro que se librase da destrución ao longo de 30 quilómetros de estradas. E a destrución total continúa moito máis alá de Tanauan. É difícil procesar o impacto na vida da xente, especialmente dos nenos.

Paramos no concello deTanauan. Agora é un centro de saúde. O representante do departamento local de Benestar Social e Desenvolvemento pedira materiais de refuxio e nós distribuímos máis de 100 lonas de plástico que axudan a proporcionar acubillo da chuvia torrencial e do sol abrasador.
 

Axuda a Filipinas: kits de hixiene e bidóns de auga

Tamén avaliamos con eles algunhas dasnecesidades máis inmediatas, como kits de hixiene e bidóns de auga. Estamos ademais preocupados polo posible brote de enfermidades e traballamos co goberno e cos nosos aliados. UNICEFdará apoio ás campañas de emerxencia contra o sarampelo, nos puntos de evacuación onde está a xente que o perdeu todo.

Estiven en moitas emerxencias en todo o mundo e é difícil comparalas. Pero o alcance dos danos aquí é case imposible de procesar ou de entender. Está en todas as partes. É total. O camión con bolsas de corpos continúa sendo cargado a medida que quitan os entullos e o olor que deixa ao seu paso é abafador.

Pero haiesperanza e sorrisos nas caras dos nenos, e sabemos que investir nos nenos agora contribúe ao seu aumentar a súa capacidade de recuperación e a das súas familias e comunidades.

Queda moito por facer aquí, en Tanauan, en Tacloban e en tantas outras comunidades. E estamos a facer avances, cos nosos aliados e co goberno. Deberiamos ter máis boas noticias mañá.

UNICEF traballa todo o día, e é incrible formar parte do equipo. Do equipo enTacloban, enFilipinas, e o equipo mundial deUNICEF. Todo o mundo está xogando o seu papel.