Tifón en Filipinas. O lugar onde os nenos xogan en Tacloban

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España
 
Cando oímos uns nenos cantar "estreliña onde estás" no novo Espazo Amigo da Infancia que UNICEF abriu en Tacloban, parece coma se nada tivese acontecido fóra desta carpa. Os nenos sorrín e participan repletos de toda a súa enerxía.
Este Espazo Amigo da Infancia, instalado na escolaRizol, é un dos moitos que se poñerán en marcha nas áreas afectadas polo tifón Haiyan para que os nenos poidan xogar, cantar, ter unha sensación de normalidade, estar con outros nenos e recibir apoio psicosocial. É tamén un lugar seguro no que están protexidos da explotación, oabuso ou o tráfico infantil.

"O que máis me gusta é bailar", cóntame Karen Monteroso, de 10 anos. Esta guapa nena perdeu a súa casa e agora vive coa súa familia nas instalacións da escola, convertidas nun centro de evacuación.

Os Espazos Amigos da Infancia axudan aos nenos a ter rutinas que lles permitan afrontar o trauma que sufriron. Mentres os nenos están alí a divertirse e aprende, os seus pais teñen tempo para buscar comida, auga e outras necesidades.

Estou feliz de queKaren poida xogar con outros nenos. Creo que é moi bo para ela, e así pode mellorar o seu talento", dime Dannie, a nai de Karen. Ata que poidan construír unha nova casa, viven con outras 22 familias nunha aula do colexio. "Boto de menos a miña casa e as miñas cousas. Todo desapareceu", di.

Os dous traballadores do Espazo Amigo da Infancia empezan unha nova actividade cos nenos. Pídenlles que conten a súa experiencia no tifón. Marlyn Macarayon, unha das coidadoras, dime que iso lles axuda a sentirse menos afectadas, e que tamén é bo para eles saber que por sorte están vivos.

É hora de bailar eKaren tómallo en serio. Ten talento. É precioso ver estes nenos tan felices mesmo nun ámbito de destrución. Antes de irme pregúntolles que necesitan, e sorprendentemente a súa primeira resposta é: "xoguetes". Oskits recreativos chegan mañá a este Espazo Amigo da Infancia, un dos lugares máis alegres que vin ata agora enTacloban.

Axuda a Filipinas. Envía un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 ou doa aquí.