Tifón en Filipinas: día a día dun centro de evacuación
Post publicado no blog 3500 Millóns de El País
Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España
O colexio de San José, en Tacloban, era antes do 8 de novembro unha escola á que a diario asistían a clase 3.000 nenos con toda normalidade. Despois do paso do tifón Haiyan/Yolanda converteuse nun centro de evacuación que acolle 2.500 persoas. Hai ata oito familias instaladas en cada aula, onde se amontoan colchóns, bidóns de auga, potas con pequenas brasas onde se cociña o arroz e o resto de pertenzas que puideron salvar das súas casas.
Hoxe chove, o chan está cheo de auga e barro; aínda é máis complicada a existencia para estas persoas. Dende que cheguei arrepíame que non deixan de sorrir nin de agradecer a axuda. Son toda unha lección de humanidade e resistencia.
Mentres saúdo unhas
mulleres que están a cociñar arroz no corredor, vexo que para
atravesar unha das zonas agora inundadas pola chuvia colocaron unha
fila de cadeiras a xeito de improvisada ponte. Fascíname ver a
creatividade no medio de tanta destrución.
Tifón en Filipinas: as familias necesitan axuda
Dende o tifón, a vida para esta muller separada está a ser moi dura. Aprilyn era masaxista e os seus fillos ían ao colexio. Agora o seu reto diario é que teñan comida, auga e hixiene. Cóntame con moita alegría que hai uns días recibiu un dos kits de hixieneque estamos a repartir. Estes kits teñen xabón, pasta de dentes, compresas, deterxente e outros artigos de necesidade básicos para manter a hixiene. "Son moi útiles porque non tiñamos nada".
En cousas tan básicas como esta é no que se converten as doazóns que tantos españois están a realizar paraFilipinas. Como di Aprilyn, van necesitar moita máis. E non só para sobrevivir ás terribles consecuencias do tifón, senón para a reconstrución e o desenvolvemento a longo prazo.
Tifón en Filipinas: traballando para previr a desnutrición
Antes de despedirme deAprilyn pregúntolle como se sente. Dime que está preocupada polo futuro dos seus fillos. Gustaríamereconstruír a miña casa e que os meusfillos volvan á escola". A pesar da destrución que o rodea, Aprilyn atrévese a soñar un futuro mellor. E fai moi ben.