Tifón en Filipinas: de camiño para apoiar os afectados

Por Diana Valcárcel, responsable de Comunicación en emerxencias de UNICEF España

O sábado pola noite saín de Madrid camiño a Filipinas para apoiar temporalmente á nosa oficina no país, centrada na atención dos afectados polo tifón.

 
No aeroporto coincidín con moitos voluntarios e cooperantes que veñen a Filipinas co mesmo propósito. Deume moita alegría saber a gran mobilización tantas persoas que se están a envorcar cos afectados polo tifón Haiyan/Yolanda a través das súas doazóns, do seu traballo e da difusión que dan á situación dos afectados e de como a axuda está a chegar á poboación filipina.

Onte tivemos excelentes noticias sobre a chegada da axuda: restableceuse temporalmente o sistema de auga en Tacloban, a cidade máis azoutada polo tifón xa que está situada na costa aberta ao océano. Grazas ao traballo deUNICEF xunto co Goberno de Filipinas e USAID a poboación terá auga para beber, cociñar e lavar. A auga foi unha das prioridades co fin de evitar enfermidades e estamos moi satisfeitos de que os afectados poidan contar con 15 litros diarios. Esta intervención sen dúbida salvará moitas vidas.

O noso obxectivo máis urxente e prioritario é a supervivencia dos nenose que estean protexidos. Por iso traballamos contra o reloxo porque ao igual que as necesidades son urxentes, a resposta debe ser aínda máis urxente. Estase a traballar xa na localización de nenos que quedaron sós tras o tifón para atenderlles con urxencia e comezar a busca dos seus familiares.

A resposta da sociedade española de axuda a Filipinas, ás vítimas do tifón, está a ser enorme. Así o recoñecía onteMelinda Godoy, unha rapaza filipina que coñecín no avión a Manila e que actualmente vive en Madrid. Moitas grazas a todos os españois que están a axudar tanto, estamos moi agradecidos. Benvida ao meu país". Pregunteille sobre a súa familia: "todos estamos ben, pero teño unha amiga que é da zona de Leyte e a súa familia está fatal. Esperemos que pouco a pouco se recuperen. Confiamos moito na súa axuda". Unha axuda que promete ser necesaria non só nos días posteriores senón durante os próximos meses co obxectivo de que os afectados poidan volver canto antes á súa vida normal. Para iso terán todo o noso apoio.