Terremoto en Ecuador: "Espero que nos axuden, sobre todo aos nenos"

Micaela Chila ten 12 anos e vive en Pedernales, epicentro do terremoto que sufriu Ecuador o pasado sábado 16 de abril. Micaela cóntanos que necesitan axuda, especialmente os nenos.

 

A nena acudiu coa súa familia este sábado ao estadio Maximino Puertas, en Pedernales, para buscar algo de apoio das organizacións que traballan no lugar. Alí recibiron comida, auga e atención psicolóxica por parte dos profesionais do Ministerio de Saúde.
 
Micaela conta que o sismo do 16 de abril foi "terrible" e que o viviu "con moito medo?. Salvouse porque, xunto cos seus irmáns, meteuse debaixo dunha mesa na súa casa. Grazas a isto nonsufriron lesións.
 

TERREMOTO EN ECUADOR: "OS TrEMORES SON TERRIBLES"

Despois doterremoto, a súa irmá viu que omar se había afastado da praia,polo que a súa familia decidiu abandonar o lugar,por temor a que chegase un tsunami. Agora, todos atopanse na casa dunha familia que lles prestaron unha cabana para que se refuxien.
 
"Estamos ben, pero falta comida e outras cousas. Espero que nos axuden, sobre todo aos nenos", di.
 
"Estes tremoresson terribles. A réplica de onte vivina moi mal. Onde estabamos parecía que se ía a caer", comenta.
 
A pesar de toda esta situación,Micaela espera "que agora haxa calma e tranquilidade para toda a xente" e poder volver pronto áescola, porque non quere perder o ano.
 

TERREMOTO EN ECUADOR: 120.000 NenOS NOn PoDEN IR A CLASE

En UNICEF calculamos que máis de280 escolas están gravemente afectadas polo terremoto, o que supón que 120.000 nenos non poden ir a clase ata que se facilite unha alternativa.
 
Desde que as autoridades ecuatorianas declararon o estado de emerxencia, desde UNICEF enviamos equipos ás zonas máis afectadas e entregamos subministracións de axuda humanitaria para os nenos afectados poloterremoto.
 
Desde UNICEF pedimos ácomunidade internacional que doe para apoiar a resposta a esta emerxencia. 
 
Se queres, ti tamén podesaxudar aos nenos afectados polo terremoto en Ecuador
 
Post por Diego Brom, técnico de comunicación en UNICEF