Sudán do Sur: UNICEF prepárase para axudar ás vítimas do conflito

O condado de Pibor, no estado de Jonglei (Sudán do Sur), é o lugar onde se produciu un recente conflito entre os membros das tribos Murle e Lou Nuer. A violencia obrigou miles de persoas a refuxiarse nas áreas boscosas da zona.

Sunil Verma, de UNICEF, informa sobre unha misión de avaliación organizada pola Misión das Nacións Unidas en Sudán do Sur.

Por Sunil Verma, de UNICEF

Eran as 7 da mañá cando subín a un helicóptero das Nacións Unidas con colegas da sección de Dereitos Humanos e Protección Infantilda Misión das Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS), así como conrepresentantes da Comisión de Dereitos Humanos de Sudán do Sur, Comisión da Paz de Sudán do Sur, o Programa Mundial de Alimentos, e representantes de raio e televisión.

Cando nos achegamos aPibor puidemos ver que algúnstukuls (chozas), rodeados de terra estéril e sen signos de vida, foran incendiados. Cando a violencia entre a tribo Lou Nuer e a tribo Murle estalou o 23 de decembro no poboado de Kurwanya, en Likuangole Payam, os habitantes dePibor fuxiron. O conflito intensificouse cara ao final do ano pasado. O Oficial de Seguridade de UNMISS,Ravi Nair, recibiunos na pista de aterraxe e informounos sobre a seguridade. "Todo está en calma agora", dixo, " pero a situación é impredicible". Fomos á Oficina do Comisionado do Condado. A ruta levounos a través dunha zona residencial, onde os soldados do Exército de Liberación do Pobo Sudanés viven coas súas familias. Vimos tamén moitas familias que están a vivir baixo as árbores e en refuxios improvisados. Segundo nos dixeron, eran persoas desprazadas polo conflito.

Nenos desprazados e secuestrados

Funme conAbraham, Oficial de Protección Infantil de UNICEF, para reunirme cosmenores non acompañados e os orfos da zona. Os nenos, cuxas idades oscilaban entre un mes e 14 anos, estaban sentados no chan dun recinto seguro, con algunha vestimenta e apenas nada que comer. Un grupo de mulleres voluntarias, desprazadas tamén por culpa da violencia, ocupábanse deles. Un dos nenos, Allan Joko, tiña ao redor de 10 anos. Falou da súa recente fuga despois de que o secuestrasen da súa casa na aldea de Kongor.Viuse obrigado a viaxar cos seus captores e outros secuestrados ata que hai dous días, cando os homes estaban distraídos, logrou escaparse e pasou a noite no monte antes de camiñar cara á comunidade máis próxima. Non sabe onde está a súa familia. "Nunca me maltrataron", dixo Allan dos seus captores, " pero non sei se os meus pais aínda están vivos e se van vir a buscarme.

Acción de UNICEF

En resposta á crise,UNICEF participa en avaliacións e exames organizados polo goberno. Tamén está a enviar profesionais de nutrición, de protección infantil e de comunicación, así como do programa de auga, saneamento e hixiene.De xeito preventivo, UNICEF almacenousubministracións para a resposta humanitaria, que se iniciará tan pronto como se estableza o acceso á poboación afectada. Iniciouse, en conxunto cos aliados, un programa dereunificación familiar para que os nenos desprazados e secuestrados poidan volver coas súas familias. Queda moito máis traballo por facer.