Sudán do Sur: un fogar fabricado con 20.000 tendas de campaña
Post de Kent Page, UNICEF en Sudán do Sur.
Ao camiñar polo labirinto de tendas de campaña que conforman o campo de desprazados deTomping enJuba,Sudán do Sur, non fai falta tomar moito tempo para decatarse daimportancia vital que ten o traballo deUNICEF e os seusaliados para os nenos desprazados.Un traballo centrado na saúde, a vacinación, a auga, o saneamento, a protección, a vivenda ou simplemente diversión para os nenos. Durante unha recente visita, deseguida me decatei de comoUNICEF forma parte da vida diaria e o ritmo do lugar. É o fogar temporal para20.000 desprazados que fuxiron da violencia que estalou no país en decembro. Na fonte de auga de Tomping encóntrome con Rita, unha nena de 14 anos que leva á casa un cubo de auga. " Queres ver á miña casa? ", pregúntame. Tardamos uns 10 minutos a través dun labirinto de láminas de plástico. Sentámonos nunha grande alfombra de palla e Rita está feliz por poder practicar o seu inglés, que aprendeu en Uganda antes de que a súa familia chegase a Sudán do Sur.
loitando por sobrevivir en sudán do sur
"Levamos aquí dende decembro", diRita. "Teño un día a día moi ocupado, pero non estou a aprender nada. Teño que ir a por auga para lavarme a min xa os meus irmáns pequenos. Despois teño que lavar toda a roupa e logo axudo coa cociña e a limpeza das potas. Non teño tempo para min, nin para aprender nin para xogar como fan os meus irmáns pequenos. Agora son maior, así que teño que traballar todo o día,".
"É importante axudar, pero quero ir á escola outra vez, porque me gustaría ser médico", engade. Aínda que non hai unha escola formal en Tomping, UNICEFaxudou a establecer EspazosAmigos da Infancia: grandes tendas de campaña brancas onde os nenos, con mestres voluntarios, xogan, cantan e participan en actividades de aprendizaxe. Tamén adquiren habilidades para a vida, como a importancia da hixiene, nun ambiente seguro.
as chuvias dificultan a situación
A tempada de chuvias comezou enSudán do Sur e trae consigo inundacións repentinas que enchen o lugar de lama. Isto aumenta orisco de brotes de enfermidades mortais, como a cólera. As latrinas elevadas axudan a asegurar que as augas residuais non se mesturen coa auga da chuvia, e así reduciríase a propagación da enfermidade.
Varios carteis ao longo da "rúa principal" crean conciencia sobre unha recente campaña de vacinación de emerxencia contra a poliomielite e o sarampelo para todos os nenos de Tomping. Cando chego ao outro lado de Tomping e vexo a outro grupo de nenos bailando, cantando e rindo xuntos fóra outra gran tenda de campaña, decido que é hora de encontrar aRita de novo. Quero dicirlle que cando remate as súas tarefas diarias, é importante que vaia ao Espazo Amigo da Infancia, onde terá a oportunidade de xogar e aprender con outros nenos que viven no lugar. Cun máximo de 20.000 desprazados internos en Tomping, lévame bastante tempo encontrala de novo, pero cando o fago, paga a pena. Rita está moi feliz e emocionada, epromete que vai ir ao Espazo Amigo da Infacia mañá.