Sudán do Sur: as chuvias empeoran a situación dos desprazados

Post de Christopher Tidey, voceiro de UNICEF en Sudán do Sur. 

 
A tormenta chegou tan rápido e dun xeito tan feroz que ninguén estabapreparado. Contábamo Thot, de 20 anos, ao día seguinte, mentres as familias a noso arredor trataban de encontrar un lugar sen auga e sen lama para poder secar as súas roupas e colchóns.

"Estaba sentado cos meus cinco irmáns e irmás xogando na nosa tenda de campaña, e depronto....¡bum! Achuvia empezou a caer tan forteque parecía coma se o ceo estivese enfadado coa xente".

"O chan encheuse deseguida de auga e todas as nosas cousas (a roupa, a comida, as subministracións...) se empaparon. Os pequenos tiñan medo, pero que podiamos facer? Quedamos aí sentados, ata que a chuvia pasou,".

Fora a visitar un doscampos de Juba, a capital de Sudán do Sur, onde 27.000 persoas se refuxiaron tras o recente estalido de violencia no país. Así que puiden ver as consecuencias da tormenta. A devastacióncausada en só dúas horas de chuvia era impactante. O chan transformárase nunha sopa lamacenta de entullos. A xente trataba de non esvarar e caer no barro. Cada persoa que miraba, neno ou adulto, estaba a tratar de salvar todo o que podía.

Saíndo da vía chea de lama que forma a estrada principal do campo, aventureime entre o labirinto de camiños que discorren entre as fileiras de tendas de campaña e aloxamentos. Pronto me encontrei con barro ata os nocellos, con charcos de auga sucia de polo menos un pé de profundidade.

Unha constante procesión de mulleres e nenos pasaba xunto a min, chapoteando na auga mentres buscaban un terreo elevado no que secar a súa roupa e as súas sabas ao sol. Todos, incluíndomeme agora tamén, estabamos sucios.
 
E foi nese labirinto de camiños inundados onde coñecín aThot, que me levou a ver que acontecera no seu refuxio. A maior parte do improvisado toldo que facía de teito caera debido forza da chuvia. O chan estaba inundado. "Non podemos quedar aquí, así que collemos o que quedou e nos sentamos no camiño principal do campo. Non temos outro lugar ao que ir, nin un lugar no que durmir".

"As nosas casas están fóra do campo, aquí en Juba. Pero quen poderá protexernos se volvemos? ". Pregúntamo un home chamadoGar mentres traballa cuns amigos amoreando barro arredor das placas de plástico intentando facer o seu refuxio máis resistente.

Hai preto de740.000 persoas desprazadas internas, incluíndo máis de 400.000 nenos, debido áviolencia, xurdida tras a crise política que estalou a final de 2013. Moitas destas persoas refuxiáronse en terreos baixos que son propensos a inundarse durante a tempada de chuvias (entre abril e outubro).

Incapaces de volver ás súas casas porque nelas non se senten seguros, os desprazados no campo de Tomping -e centos de miles máis ao longo de todo Sudán do Sur- enfróntanse aodesastre. "Se en só unha noite a chuvia pode facer isto", di un home maior chamado Paulmentres sinala as inundacións en torno a nós, " que acontecerá cando chova cada día? ".
 

Hai pouco tempo para actuar antes de que cheguen as chuvias

Descubrirémolo pronto se non damos pasos urxentes para asegurar que os nenos desprazados e as súas familias poden resistir a tempada de chuvias.

A tormenta de hai unha semana e o dano que causou no campo de Tomping xa demostraron que a falta de preparación ante as inminentes chuvias podería terconsecuencias catastróficas para os desprazados de Sudán do Sur.

"Coas chuvias próximas en apenas unhas semanas, nos queda moi pouco tempo para actuar", declara o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Steven Lauwerier.

"Aslatrinas nos asentamentos para desprazados propensos a inundarse deben ser movidas a terreos máis altos; as subministracións humanitarias, medicinas esenciais e suplementos nutricionais para os nenos deben chegar antes de que as estradas se fagan impracticables; e os nenos deben ser vacinados urxentemente contra enfermidades que adoitan aparecer nestas condicións, como a cólera.Actuar agora salvará vidas de nenos no futuro".

UNICEF e os seus aliados están a traballar para axudar aos nenos vulnerables e as súas familias aprepararse para a tempada de chuvias. As accións inclúen o pre-posicionamento de subministracións como alimento terapéutico listo para usar (un tratamento para a desnutrición), o lanzamento de campañas de vacinación contra a cólera e o sarampelo, e o establecemento de programas clave en lugares que probablemente quedarán inaccesibles durante as chuvias.

Aínda se debe facer máis -e máis rápido- para manter os nenos desprazados sans e seguros.UNICEF en Sudán do Sur fixo unchamamento de 75 millóns de dólares ( 55 millóns de euros) para poder dar unha resposta humanitaria de emerxencia nos primeiros 6 meses deste ano. Falta por cubrir o 80%.