Sudán do Sur: axudemos os nenos antes de que sexa demasiado tarde

Post de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, e Ertharin Cousin, directora executiva do Programa Mundial de Alimentos (PMA). Recentemente viaxaron xuntos a Sudán do Sur.
 
Este post publicouse orixinalmente en Planeta Futuro

Nun refuxio rudimentario coñecemos a Myagoa, de oito anos, vítima do conflito en Sudán do Sur que ten desarraigado a centos de miles de nenos como ela.

É talvez un dos nenos con maior sorte: a pesar de que loita para sobrevivir, a miúdo cunha soa comida ao día, conseguiu asistir a unha aula improvisada, e aínda soña en converterse un día en doutora.

Vimos nenos que moi probablemente sobrevivirán só uns cantos días máis. Nenos que van morrer mesmo despois de que os seus pais camiñen varios días buscando axuda para salvalos.

Este ano xa vimos máis de 4.000 casos de cólera. En Sudán do Sur, preto de 50.000 nenos menores de cinco anos morrerán de desnutrición grave durante este ano se non actuamos agora.

Nenos cuxas vidas, sonos e esperanzas estanse a disipar, fóra das cámaras, sen que ninguén se decate.

O mundo non está a prestar a suficiente atención a esta traxedia en pendes. Se non comezamos a poñer atención, morrerán máis nenos. Sabémolo, vímosvos.
 
Os mesmos sinais de advertencia que estamos a ver hoxe en Sudán do Sur as vimos en Somalia hai tres anos... Y cando o mundo actuou por fin, xa era moi tarde para demasiados nenos.

Mesmo se a crise de Sudán do Sur é a consecuencia do fracaso dos adultos, isto non significa que nós debemos tamén abandonar os seus nenos.
 

Sudán do Sur: os nenos non poden esperar a que o mundo actúe

Temos que botarnos as mans á cabeza desesperadamente ante a presenza doutra crise, ou debemos apelar á nosa humanidade e actuar para poñerlle fin?

Os nenos non son responsables da traxedia en Sudán do Sur. Os nenos non teñen que esperar a que o mundo actúe para salvar as súas vidas.

Estamos a facer todo o que podemos: o Programa Mundial de Alimentos das Nacións Unidas (PMA) e UNICEF están a coordinar os equipos de resposta práctica cos nosos socios, voando ás zonas máis illadas con alimentos tratamentos nutricionais vacinas apoio para auga e saneamento, co fin de axudar ás familias máis afectadas.

Ademais, dende abril, o PMA levou a cabo máis de 1.000 voos para distribuír alimentos a máis de 600.000 persoas.

Pero nós sempre temos a posibilidade de mellorar aínda máis as cousas e de proporcionar máis asistencia vital a un número mesmo maior de persoas, se recibimos agora mesmo o apoio que necesitamos.

Como todos os nenos, Myagoa ten esperanzas, sonos e ambicións. Como o seu sono de converterse en doutora, en alguén que un día salve vidas, o mesmo ca nós debemos asegurar hoxe a súa vida e o seu futuro.

A determinación e a ambición de Myagoa deben servirnos de inspiración.

Podemos transformar esa inspiración en acción. Antes de que sexa demasiado tarde.

Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur