Sirya: onde foron as promesas que fixemos aos nenos?

Aínda podo oír as voces preocupadas dos meus fillos dende o asento traseiro. "Mamá, cres que irá ben?, que pasa se non logro facer amigos? "

Era o outono de 2001, a miña filla tiña catro anos, o meu fillo tiña seis anos. Acababamos de trasladarnos a Sirya e levábaos en coche ao seu primeiro día de escola e de preescolar en Damasco, coa mesma inquietude e nerviosismo que millóns doutros nenos e pais senten todos os anos o primeiro día de clase.

Nos anos seguintes, fixemos ese camiño tantas veces que nos coñeciamos cada focha. Os meus fillos acostumáronse a dar botes no seu colorido autobús escolar rodeados dos seus amigos sirios e do profesor que os acompañaba. Eu tamén fixen o percorrido á escola bastante veces xunto a outros pais orgullosos que acudiamos a obras de teatro escolares, xornadas deportivas e festas de fin de ano.
 

Sirya2 millóns de nenos fora da escola

Todos eses recordos inundábanme de novo mentres viaxaba por ese mesmo camiño a Damasco a pasada semana. O curto tramo dende a fronteira co Líbano á capital do país está bordeado de vivendas familiares e edificios encravados no terreo montañoso de area varrida con parches de exuberantes xardíns. Pero a de agora era unha Sirya claramente diferente para os nenos do país que nos días nos que os autobuses escolares obstruían as rúas da cidade e transportaban os nenos ás súas aulas e aos seus futuros aparentemente brillantes.

Hoxe en día, barrios e cidades enteiras encóntranse en ruínas, uns 2 millóns de nenos dentro de Sirya están fóra da escola, mentres que outros 700.000 nenos fóra do país carecen de educación. Miles de escolas foron danadas, destruídas ou abandonadas por familias desprazadas que foxen da violencia. 4 millóns de persoas, a metade delas nenos, fuxiron do horror da guerra, e móvense entre o veciño Líbano, Xordania, Turquía, Exipto e Iraq.

Todas as promesas que se fixeron aos nenos de Sirya - a gran maioría dos cales estaban na escola antes do conflito - deron paso á decepción de millóns de nenos e adolescentes en risco de converterse nunha xeración perdida. Trátase de nenos e mozos que pagan o prezo máis alto pola incapacidade do mundo para poñer fin a un conflito do que non son responsables.
 

Sirya: os nenos, os máis vulnerables e os máis esquecidos

Talvez ninguén está a cargar tanto co peso do conflito como os nenos e as familias que se encontraban á marxe cando a crise se desatou hai uns cinco anos e converteuse nunha das maiores catástrofes humanitarias da historia recente. A miúdo son os máis vulnerables, os máis esquecidos, e os que sofren un maior risco de abuso e explotación.

A necesidade de investir na educación de nenos e mozos de Sirya nunca foi máis urxente que agora. A escola pode proporcionar unha sensación de normalidade nunha situación que non é normal nin moito menos. Constrúe habilidades vitais que os nenos e os mozos necesitan para as súas vidas e para volver reconstruír as súas comunidades destruídas. A historia demostrou que nada bo sae da falta de oportunidades, a indixencia, a ira e o desespero.
 
UNICEF, gobernos e aliados estamos a multiplicar os esforzos e desenvolvemos solucións innovadoras para asegurar a aprendizaxe e a atención aos nenos e para axudar a deter a onda de destrución que os rodea.


Dentro de Sirya, máis de 200 funcionarios de UNICEF están a traballar con aliados día e noite para axudar a axudar os nenos do país - non só coas súas necesidades humanitarias inmediatas de auga, nutrición e refuxio, senón tamén en canto á educación. Pero requírese moito máis financiamento porque as necesidades están superando aos recursos.

A educación é un dos mellores investimentos, non só para os nenos de Sirya, senón tamén para o noso futuro colectivo. É o que hai que facer, por lóxica e moral.

Nunca esquezamos que os nenos que se sentan no noso asento traseiro ou no autobús da escola cada mañá, un día, poderían verse envolvidos nunha situación imposible. Debémosllelo a eles. Debemos esixir o mesmo nivel de atención e apoio aos nenos de Sirya que que quixésemos para os nosos fillos, fillas, sobriñas, sobriños ou aos nenos en risco de unirse a unha xeración perdida.

Post de Malene Kamp Jensen, especialista en Comunicación de UNICEF NY