Sirya: o maior chamamento humanitario de Nacións Unidas

Post de Chris Niles, Corresponsal de UNICEF.

UNICEF e as súas axencias irmás de Nacións Unidas lanzaron o maior chamamento feito ata agora para conseguir fondos e poder responder ás necesidades de millóns de persoas afectadas polo conflito en Sirya, incluíndo as necesidades máis urxentes de catro millóns de nenos.

 

Solicitan 4.400 millóns de dólares (máis de 3.300 millóns de euros) para todo o ano 2013.UNICEF estima que, a día de hoxe, hai6,8 millóns de persoas afectadas polo conflito.Catro millóns de nenos sirios necesitan axuda de forma inmediata. Polo menos 1,6 millóns de refuxiados sirios están a vivir en países veciños comoIraq, Xordania, Líbano e Turquía.

"Son cifras enormes, que esconden unha traxedia humana. Mulleres normais, homes e nenos son os que se están a levar a peor parte desta crise", sinala Valerie Amos, Secretaria Xeral Adxunta para Asuntos Humanitarios daONU.

En abril, o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, sumouse ás principais axencias humanitarias de Nacións Unidas nun chamamento conxunto, sen precedentes, en favor dunha acción máis urxente por parte dos gobernos de todo o mundo para achar unha solución política ao conflito sirio, que ameaza á rexión enteira.

"UNICEF pide a todas as partes en conflito, e a aqueles que exercen unha influencia sobre estas, a que reafirmen o principio de que os nenos non teñen cabida nunha guerra," indicaTed Chaiban, Director de Emerxencias de UNICEF.
 

AUMENTO Do RIScO DUNhA ‘xERACIÓN PERDIDA’

Ademais da violencia, odesprazamento masivo e o colapso dos servizos vitais crearon unha situación de caos e miseria. A chegada do verán trae consigo novos perigos asociados a enfermidades e a falta dun saneamento axeitado.

Países veciños, como Xordania e Líbano, están a loitar para facer fronte aoenorme fluxo de refuxiados. "As necesidades son grandes e van crecendo cada día", informa a voceira de UNICEF, Sarah Crowe.

A principios de ano,UNICEF advertiu da "perda dunha xeración" de nenos sirios. Mentres a situación continúa deteriorándose, este risco vaise volvendo cada vez máis real.

Xunto aos seus aliados,UNICEF conseguiu chegar aos nenos en Sirya e nos países veciños con materiais e axuda que salva vidas. No que vai de ano, UNICEFvacinou 1,5 millóns de nenos contra o sarampelo, e subministrou auga potable a máis de 10 millóns de persoas. Ademais, máis de 200.000 nenos inscribíronse na escola.

Con todo, as necesidades superan aos recursos a unha velocidade moi rápida. "Simplemente non estamos a seguir o ritmo. O esforzo humanitario é enorme, pero debido a que o conflito continúa, temos que ir máis rápido", engade Crowe.