Sirya: a loita das nais para protexer os seus fillos

Post de Iman Morooka, Especialista en Comunicación de UNICEF

Iman reuniuse recentemente na cidade de Homs con nais e nenos afectados polo conflito.

Non hai que conducir demasiado para ver os signos dedestrución e devastación. O son atronador dos bombardeos forma parte da vida cotiá nestas terras. Centos de miles de civís tiveron que fuxir dos seus fogares dende moitas partes de Homs en busca de seguridade.


Nos albergues colectivos para as familias desprazadas, nas zonas máis tranquilas da cidade, fun testemuña da dor polas vidas que se foron. Coñecín familias que perderon as súas pertenzas e unha vida máis digna. Moitas familias desprazadas teñen que compartir cuarto en antigos edificios públicos e escolas con outras familias, nun espazo dividido só por mantas e roupa, onde a miúdo carecen de servizos básicos como auga quente e duchas.


Pero tamén vin aresiliencia e un forte sentido de comunidade. Os nenos xogan e rin nos corredores e patios dos centros de acollida, aparentemente felices e contentos. Ao falar con algúns deles, mencionan o moito queestrañan os seus fogares e aos seus vellos amigos,cuxo paradoiro se descoñece.


Unha moza díxome que o que máis bota de menos é ao seu tartaruga. Un neno de 12 anos contoume que estraña o seu fogar, onde non tiña que soportar a humillación.

A HISTORIA DE UM AHMED

Nunha ONG que recibe apoio de UNICEF, coñecín a Um Ahmed (nome ficticio para protexer a súa identidade) facendo a súa visita mensual, con dous dos seus fillos ás costas.
 
A organización dedica dous días á semana a axudar ás familias que perderon os seus medios de subsistencia, principalmente polo conflicto,proporcionándoles apoio financeiro e en especie, como subministracións médicas, artigos non alimentarios e roupa. UNICEF entregou kits familiares de hixiene e mantas a esta organización para distribuír as familias afectadas.
 
Um Ahmed vive nun barrio onde os intensos combates causaron destrución a grande escala e desprazamento. Tanto o seu marido coma o seu fillo maior morreron. Um Ahmed regresou recentemente á súa casa cos seus catro fillos, despois de resultar desprazada.
 

A súa única fonte de ingresos é unha ONG local: sobrevive con 7.800 (uns 60 euros) ao mes, á parte da caridade. A familia vive nun cuarto da súa casa que quedou gravemente danada. Fórmanse goteiras no teito cando chove.


"A vida é moi difícil porque os prezos son moi altos. O pan, por exemplo, é moi caro e para conseguir pan subvencionado, tes que esperar unha longa cola. Verduras, leite, ovos, azucre e combustible son un luxo que non nos podemos permitir", sinala.

“oS meus fIllOS TEñEN MEDO TODO o TEMPO”

"Estamos case confinados na nosa casa. Os meus fillos non saen de casa, agás para ir á escola. Cada vez que se inician os enfrontamentos, vou buscalos cedo para levalos á casa. Os meus fillos teñen medo todo o tempo", explica Um Ahmed.
 

Outra muller coa que falei díxome que teme pola seguridade do seu fillo, que ten 16 anos, cada vez que sae de casa para ir á escola. "Estou temerosa de que o secuestren ou o deteñan nun posto de control, pero destaca na escola e téñoo que deixar ir. Quero que reciba tamén unha educación superior".

Sobre os desafíos aos que se enfronta a familia,Um Ahmed tamén agregou: "Se os meus fillos se enferman pola noite, ou un venres, non hai ningún lugar onde os poida levar. Non nos sentimos seguros onde vivimos. Houbo casos de aumento de saqueos e outros delitos. Pola noite atoamento a porta cunha madeira porque temos medo de que entren os homes".

Hai demasiadas familias que se viron privadas do seu pasado e soportan un presente cruel. Non obstante, no medio de toda esta devastación, o que me chama a atención --e o que me dá esperanza-- é a determinación dos pais e as comunidades por garantir que os seus fillos reciban unha educación, a pesar dos riscos.