Refuxiados: que sabemos deles?

Hai 5 anos que comezou o conflito en Siria, e non pasa case ningún día sen que os xornais informen sobre a terrible situación das persoas que tiveron que fuxir dos seus países por mor da violencia.

 

Estes grandes grupos de desprazados arroxan luz sobre unha fotografía moito maior: no mundo, existen máis de 60 millóns de persoasque se viron obrigadas a deixar as súas casas, unha cifra que non se volveu a alcanzar desde a II Guerra Mundial. Entre elas, 20 millóns sonrefuxiados. 
 
Que sabemos deles? "Parece que algunhas persoas pensan que migrantes erefuxiados son na súa maioría homes que veñen quitar traballo", di Chris Tidey, especialista de comunicación en emerxencias de UNICEF. "Iso é un mito".
  • Sabemos que máis da metade de todos os refuxiados no mundo son mulleres e nenos.
  • Sabemos que a maioría destas persoas foxen de guerras en países como Afganistán, Iraq e Siria.
  • Sabemos que moitos acaban enExipto, Xordania, Líbano, Turquía ou nonorte de África. Unha pequena parte (1 millón o ano pasado) están en Europa. Agora, coas fronteiras europeas pechadas e o acceso restrinxido, moitos migrantesestán atrapados en asentamentos temporais, con medo a regresar e sen poder avanzar. 
  • Sabemos que 15.000 nenos de Siria enfróntanse a un futuro incerto eles sós. Cruzaron as fronteiras dos seus países de orixe sen a súa familia e quedaron separados de todo e todos o que coñecían. 
  • Sabemos que son moitas asinfancias que están marcadas polo sufrimento. Desde UNICEF lanzamos un informe o pasado mes de marzo no que se sinalaba que case 90 millóns de nenos menores de 7 anos pasaron toda a súa vida en zonas de conflito. Isto implica que só coñecen a guerra e ohorror.
  • Pero tamén sabemos que moitos destes nenos, xa sexan desprazados, migrantes ourefuxiados, teñen unha gran fortaleza interior. A pesar de todo o que tiveron que pasar, seguen tentando construír o seu futuro.  

REFUxIADOS SIRIOS: "NOn OLVIDedeS QUE SOMOS NenOS COMO VóS"

É o caso deSaja, unha nena de 12 anos que perdeu unha perna durante un bombardeo en Siria. Agora xoga ao fútbol coas súas muletas nun campo de desprazados enAlepo. Soña con converterse en adestradora algún día. 
 
Ou de Moheb, que tamén vive desprazado en Alepo e que quere ser avogado. Ponse a estudar cando todos van durmir, nun momento depaz e tranquilidade que espera que o seu país tamén recupere algún día. 
 
No campo de Osmaniye Cevdetiye, en Turquía, Ejri lembra o día no que, fai catro anos, tivo que saír da súa casa, deixando todo, amigos incluídos. Cando lle preguntan se ten unha mensaxe para os nenos do mundo, Erji di: "Por favor, non esquezades quesomos nenos como vós. Unha vez tivemos unha vida normal, como a vosa. Tentade entendernos".
 
Post escrito por Jessica Dinen, contidos dixitais en UNICEF US Fund