Perder absolutamente todo

Este post foi publicado en elmundo.es.

Escrito por DianaValcárcel,Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF Comité Español.Nos meus días en Tacloban, Filipinas, hai algo que pensaba unha e outra vez:o que significa perder todo, absolutamente todo na vida. Este é o impacto que moitas veces ten para a poboación sufrir unha catástrofe natural ou unha guerra.Intentaba poñerme na pel da xente á que coñecín: nais, pais, nenos, avós, novos. Pero nada é comparable a vivir aperda en primeira persoa, en carne propia.Madonna Samson, unha muller duns 35 anos, separada do seu marido e nai de tres nenos, foi unha das persoas que sufriu unha granperda: a súa casa, o único refuxio para ela e a súa familia, e a separación coas súas dúas fillas,Edna, de 11 anos eSofía, de 12.Edna e Sofía Samson coñecinas nos días posteriores ao tifón naigrexa dos Redentoristas, próxima ao barrio de Magallanes, onde estaba a súa casa que quedou reducida a entullos. Esta igrexa foi un de tantos lugares que funcionou como centro de evacuación para osdesprazados. Volvín en moitas ocasións á igrexa dos Redentoristas a visitar a Sofía e Edna e a outras persoas que coñecín para saber como estaban. A igrexa acollía todas as pertenzas que o tifón deixou ao seu paso: en realidade, case nada. Era un fogar improvisadono que se encontraban dende teas no chan para durmir, berces improvisados para os bebés, bidóns de auga, kits de hixiene e roupa tendida. Vivían 300 persoas.

Regreso as súas casas

Despois de pasar catro días noutras zonas afectadas polo tifón "Haiyan", o primeiro que fixen ao regresar a Tacloban, foi ir á igrexa da Redención para ver como estaba a xente. A igrexa estaba completamente baleira. Trasladaran aos desprazados a outros centros de evacuación que cubrían mellor as condicións de hixiene necesarias. Outras persoas volveran ao que quedaba das súas casas, onde con algunhas lonas que as organizacións daban á poboación na fase de emerxencia, conseguían construír unrefuxio temporal. Inquietoume pensar onde estarían Ednae Sofía e que tería sido delas. Recordaba que vivían no barrio deMagallanes e fun a buscalas. Magallanes era unhadas zonas máis castigadas polo tifón.Non encontrei as nenas, pero si á súa nai, Madonna. "Mandei as miñas fillas coa miña irmá a Manila. Non podo telas aquí", dicíame xunto ao que quedaba da súa casa: ruínas. "É a primeira vez que me separo das miñas nenas.Teño pesadelos pola noite", dicía Madonna. Perdelo todo, absolutamente todo significa quedar senningún medio para vivir. Pero tamén implica odesarraigamento emocional que supoñen a separación familiar ou a morte de seres queridos. As organizacións están a traballar para a recuperación das zonas afectadas polo tifón Yolanda. A volta á escola de preto de medio millón de nenos, o traballo pola recuperación de centros de saúde e a reparación de sistemas de auga son algunhas intervencións que está a levar a caboUNICEF. Todo isto, sumado ao traballo doutras axencias humanitarias en cuestión de refuxio, emprego, recuperación da agricultura, esperamos que contribúa a queEdna e Sofía poidan volver un día a Tacloban coa súa nai.