Os mozos curdos axudan a preparar a volta ao cole dos nenos sirios refuxiados ao norte de Iraq

Por Chris Niles, UNICEF.

O primeiro día de colexio no campo de refuxiados de Arbat, ao norte de Iraq, os nenos refuxiados sirios son recibidos polos mozos da comunidade local, que estiveron a traballar duro para asegurarse de que o curso empece ben.

Os 40 graos que hai no campo de refuxiados non impediron que decenas de nenos e mozos refuxiados sirios fagan cola para algo que estiveron a esperar con impaciencia: o primeiro día de colexio.

Mentres, decenas de mozos curdos van camiño do campo en minibuses. Son estudantes deSulaymaniyah, que nas últimas semanas traballaron duro para asegurarse de que os nenos refuxiados sirios tivesen todo o que necesitaban para o comezo do curso escolar.

Apoio da comunidade local

Grazas á venda de pasteis e doutros eventos comunitarios, os mozos de Sulaymaniyah conseguiron o diñeiro suficiente para comprar uniformes do colexio, libros, mochilas, pasta de dentes e xabón para os nenos sirios.

Cando chegan ao campo, os mozos montan nos autobuses e empezan a distribuír a axuda. Con eles está Sahar Mohammed, de 17 anos, que está no seu último ano de secundaria. Quere ser nutricionista, para axudar aos nenos a levar unha vida máis sa.

"Falamos cos nenos, interactuar con eles, preguntámoslles que lles gusta. A maioría din que lles gusta a escola e que queren ser útiles para a súa comunidade. Está a ser unha grande experiencia", contaSahar.

Os estudantes maiores axudan os máis novos a decorar un cartel que di "Benvidos ao colexio". Sentados en alfombras, os nenos marcan con pintura as súas mans no cartel.
 

Un día importante para os nenos sirios refuxiados

"Estou moi orgullosa de ver estes mozos deSulaymaniyah axudando aos nenos sirios na súa volta á escola. Pódense ver os sorrisos nas súas caras", di a oficial de subministracións de UNICEF Thawra Al Jaff.

A iniciativa da volta aocole é só o comezo da posta en marchadun programa cuxo obxectivo é asegurar que os nenos se inscriban na escola e continúan aprendendo ininterrompidamente.

O representante deUNICEF en Iraq, Marzio Babille, estima que a escola deArbat acollerá máis de 1.500 nenos no próximo mes. O apoio dos mozos da comunidade local é vital para os nenos refuxiados e as súas familias.

"Confiamos na fortaleza da xuventude. Confiamos no seu entusiasmo", afirma Babille.