O mundo que queremos máis alá de 2015

Por Sara Collantes, Responsable de Seguimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de UNICEF España  

O mundo púxose a reflexionar sobre como continuar a senda dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) a tres anos da data que se estableceu para o seu cumprimento, o ano 2015. Coñécese como proceso post-2015 e en España coincide co período de elaboración do IV Plan Director da Cooperación Española. Este documento marcará as prioridades do noso país na loita contra a pobreza e o impulso dos procesos de desenvolvemento no mundo.  

Nacións Unidas lidera este proceso de reflexión, que conta coa celebración de 50 consultas nacionais e 9 consultas temáticas a nivel mundial. O obxectivo é que haxa unha ampla participación e se consiga que a folla de ruta dos próximos anos, para reducir a pobreza e a desigualdade, sexa a que marquemos todos.  

Consultas en Madrid entre xullo e outubro

A Campaña do Milenio en España (creada por Nacións Unidas para dar visibilidade aos resultados alcanzados ata agora e esixir o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio) está a organizar tamén unha serie de consultas adicionaisentre xullo e outubro deste ano. Na primeira, os protagonistas foron os mozos do Consello da Xuventude de España e tivo lugar o pasado venres 13 de xullo en Madrid. A xuventude, xunto coa infancia, é clave nesta historia e polo tanto a súa voz debe ser escoitada. Representan a maior porcentaxe de poboación nos países en desenvolvemento, están no corazón dos ODM e xogan un rol vital para transformar o mundo e facer avanzar aos seus países. Son protagonistas aquí e agora.UNICEF estivo alí e escoitou de parte deles unha mensaxe clara: "Non queremos que uns países poñan deberes a outros e que as cousas queden a metade. Queremos un mundo con oportunidades para todos e ímolo facer gústevos ou non, por iso queremos autoerixirnos en interlocutores".  

Máis información en http://consultaspost2015.wordpress.com/ y #Post2015