O final feliz da historia de Henry

Coñecín a historia de Henry Dixon en outubro de 2013, da man duns compañeiros de UNICEF que viaxara a Serra Leoa para coñecer a situación da infancia no país.

O caso deste pequeno, que pasaba o día do seu primeiro aniversario ingresado nun hospital debido á grave desnutrición que padecía, conmoveunos profundamente e decidiron contar a súa historia.

Así, puidemos coñecer o terrible do diagnóstico, puidemos ver como a súa nai non se apartou do seu lado nin un momento e descubrir como, grazas ao tratamento proporcionado por UNICEFHenry podería recuperarse. Foi moi emocionante!

A historia de Henry é a proba de que si se pode, de que si é posible salvar vidas de nenos e que, dende UNICEF, grazas á axuda dos nosos socios e doadores, o facemos todos os días.

Por iso decidimos facer a Henry protagonista do noso anuncio para televisión: queriamos explicar a través da súa historia que o apoio económico é imprescindible para continuar mellorando e salvando as vidas de nenos de todo o mundo.

Dende entón, millóns de persoas coñeceron a súa historia.

Recordo agora a Pablo, un bebé que dende os 3 meses sentiu un especial afecto por Henry, como nos contaba o seu pai nun entenrecedor
post. E recordo a outras moitas persoas que se conmoveron e nos escribiron interesándose polo final da historia.
 
 

Grazas Henry por deixarnos compartir a túa historia

Un ano despois da emisión do primeiro anuncio, miles de persoas decidiron facerse socios de UNICEF. Eles xa coñecen o final feliz que tivo a historia de Henry. Hoxe, que nos despedimos desta campaña, queremos compartir con todos eles ese final feliz. Porque Henry se recuperou.

O final da historia é un relato de alegría, vida e esperanza que nos narra de forma absolutamente emocionante Imanol Arias, que presta a súa voz para facer aínda máis grande a historia de Henry.

A min xa só me queda dicir GRAZAS Henry, a ti e á túa familia que xenerosamente nos permitistes compartir con millóns de persoas a túa loita por sobrevivir. E GRAZAS tamén aos nosos socios e doadoresHenry é só unha pequena mostra da inmensa felicidade que todos os días levades a miles de nenos.

Post de Alicia Moreno, responsable de doadores particulares e mercadotecnia en UNICEF Comité E
spañol