O campamento dos nenos sirios

Post de Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España

O campo de refuxiados de Za'atari está a medio camiño da nada, nun lugar cuberto de pedra e area, en pleno deserto de Xordania. O que empezou sendo un refuxio temporal de persoas que fuxían da guerra de Sirya, foi crecendo ata converterse na quinta cidade máis grande de Xordania.

Un mar de tendas de campaña, latrinas, escolas e hospitais construídos en barracóns grazas ao traballo de organizacións como UNICEF e miles de achegas de persoas anónimas, gobernos e institucións.


Unha extensión de territorio que crece cada semana, sen descanso, debido ao incesante goteo de persoas que chegan ata aquí, en autobuses ou a pé, buscando un refuxio no que durmir, coidar os seus fillos e vivir coa normalidade que pode dar un lugar de tránsito como este.


Nun campo de refuxiados todo adquire o cualificativo de temporal, de pasaxeiro. Pero enZa'atari a ilusión polo retorno dilúese a medida que se intensifican os ataques que cronifican o conflito en Sirya, de onde chegaron as máis de 100.000 persoas que habitan este refuxio fuxindo do horror da guerra.


A Za'atari chámano o 'campamento dos nenos' porque a metade das persoas que viven aquí teñen menos de 18 anos.


É habitual ver os nenos xogando entre as tendas, serpeando os postos de venda ambulante cargados de bolsas con comida ou portando cubos de auga dun lado outro. Emociona velos coas súas mochilas nas costas, camiño a algunha das dúas escolas levantadas por UNICEF. O son das risas e as cancións que se pode escoitar nos patios á hora do recreo, envolve o campo dunha auréola, dun brillo, que non deixa indiferente a ninguén.

 
Gústame vir a clase porque o meu compañeiro de pupitre aquí tamén o era na miña escola de Homs" di Mohammed, de 11 anos.
 
Algúns chegan a clase con medo porque as súas aulasforon bombardeadas en Sirya. Outros fano cansosporque deben cruzar andando todo o campamento.
[]
Unha das prioridades de UNICEF é lograr que os nenos poidan continuar cos seus estudos aínda que estean a tantos quilómetros das súas casas, xa que ademais de garantir a súa formación se lles dá apoio psicosocial para eliminar as feridas deixadas pola guerra.

Algúns nenos viron morrer os seus pais, familiares, compañeiros de pupitre ou os seus veciños. Dá igual que coñezan ou non ás vítimas, sempre recordarán as escenas dun conflito que non provocaron, que non entenden e do que só queren saber cando rematará.

De momento non hai data de retorno así que a vida segue en Za'atari.

UNICEF distribúe a diario 3,5 millóns de litros de auga, construíu máis de 2.400 latrinas, levantou e equipado dúas escolas e vacinou ata o momento máis de 60.000 persoas contra a polio. Evitar a propagación de enfermidades é prioritario nun ámbito como este, no que, a pesar dos esforzos, as condicións de saneamento non son as ideais.
 
Pero a mensaxe que máis se escoita entre os equipos deUNICEF que levan traballando aquí sen descanso dende o inicio da crise é o mesmo: se non chegan fondos, non poderemos continuar o noso traballo e teremos que pechar as escolas, deixar de dar apoio psicolóxico aos nenos e no peor dos casos, deixar de subministrar auga.

É a terrible ameaza que pende sobre unha das maiores crises deste século, e que non nos podemos permitir como sociedade.

A axuda chega a contagotas, as promesas da comunidade internacional esvaécense entre recortes do gasto público e, mentres tanto, a miles de quilómetros das bolsas de valores e as sedes gobernamentais, a poboación siria enfróntase a unha terrible crise humanitaria sen fin á vista Non obstante, o que non cesa é a solidariedade da xente que, máis alá das primas de risco e medidas de axuste, contribúe co seu esforzo e colaboración a loitar polas cousas que teñen solución. E esta crise de refuxiados sirios tena.