Novas iniciativas na loita contra a pobreza infantil en España

Por Gabriel González-Bueno Uribe, Responsable de Políticas de Infancia de UNICEF España

O día 21 de maio UNICEF España fixo público o seu informe A infancia en España 2012-2013 incidindo no especial impacto que a crise económica está a ter nos nenos e as súas familias. Un dos resultados máis rechamantes do estudo é que a pobreza infantil creceu nun 10%, convertendo os menores de 18 anos no grupo de idade con maior risco de pobreza, por primeira vez na nosa historia recente.  

Dende esa data, e en relación máis ou menos directa cos contidos do informe, varias iniciativas, documentos e accións puxeron o foco da acción lexislativa e de goberno na vulnerabilidade dos nenos. DendeUNICEF damos especial valor a tres delas:Proposición non de Lei no Congreso contra a pobreza infantil consensuada polos grupos parlamentarios. O 19 de xuño debátese no Pleno de Congreso dos Deputados unha proposición presentada conxuntamente polos principais grupos parlamentarios: PP,PSOE, CiU, Esquerda Plural, UPyD,EAJ-PNV e o Grupo Mixto. Na devandita proposición ínstase ao Goberno a impulsar e definir, a través do Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social (PNAIN) 2013/2015, unha folla de ruta "que articule unha estratexia de protección á familia e infancia, promovendo medidas e metas para reducir a pobreza infantil e en favor da inclusión social". A Comisión Europea recomenda a España que loite contra a Pobreza Infantil. No recente informe do 30 de maio no que se avalía o programa de Estabilidade de Estabilidade e o Programa Nacional de Reformas 2012, a Comisión expresa a súa preocupación polo incremento da pobreza en España e destaca a "alarmante" cifra de pobreza infantil que afecta ao 26,2% dos nenos no noso país. No devandito documento, que é parte do proceso de revisión daEstratexia 2020 da Unión Europea para o crecemento e a sostibilidade, a Comisión recomenda que se tomen medidas contra a pobreza e que se melloren especificamente as axudas os nenos. No documento de traballo que acompaña estas recomendacións remárcase que non só non houberon avances no obxectivo de pobreza e exclusión social en España senón que empeorou as situación, e pon o foco de atención no incremento de 2,5 puntos porcentuais da pobreza infantil entre 2009 e 2010, e no alto risco de pobreza en fogares con nenos nos que só unha persoa traballa.

Xornada sobre Plans de acción para os niños en tempos de crise. UNICEF, coa colaboración da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade organiza o 22 de xuño en Madrid a xornada Plans de acción para os nenos en tempos de crise. Este evento contará coa presenza do Secretario de Estado, D. Juan Manuel Moreno e da Directora Xeral de Servizos para a Familia e a Infancia, Dª. Salomé Adroher. O obxectivo desta xornada é ofrecer un espazo de reflexión conxunta do Goberno coas organizacións e plataformas sociais sobre que medidas concretas son necesarias (e realistas) para avanzar nesta dirección e poñer de xeito efectivo aos nenos e as súas familias no corazón da axenda política.