Nenos, FC Barcelona e UNICEF = dereitos de infancia+ deporte+ valores

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

O acto celebrado onte no Camp Nou serviu para, unha vez máis, poñer de relevo os obxectivos da alianza que o Club e UNICEF manteñen dende 2006. Dende ese ano, a Fundación FC Barcelona contribúe con 1,5 millóns de euros anuais aos programas de UNICEF en distintos países.

Un grupo de nenos do Centro de Infantil e Primaria Pegaso de Barcelona; o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake; o Vicepresidente da Fundació FCB,Ramón Pont; e o futbolistaMarc Bartra, uníronse nun simpático debate protagonizado polos nenos, que prepararan unha serie de preguntas para eles. Querían saber moitas cousas. " Por que o FCB colabora con UNICEF? ". Ramón Pont encargouse de explicalo, sinalando que otraballo de UNICEF polo desenvolvemento da infancia e os seus dereitos "encaixa exactamente co que persegue o Barça a través da súa fundación, e polo tanto estamos aliñados".  

Como imaxina o mundo sen UNICEF?

A Anthony Lake preguntáronlle como imaxinaba o mundo sen UNICEF. Houbo dúas respostas. A primeira delas, sobre a boa noticia que supoñería un mundo senUNICEF porque significaría"que os dereitos da infancia se cumpren para todos os nenos" e entón non faría falta o traballo de UNICEF. Na súa segunda resposta Lake sinalou que, no mundo de hoxe en día, non sería unha boa noticia queUNICEF non existise porque hai moitos nenos que el coñeceu nas súas viaxes que, sen o traballo deUNICEF, non terían podido curarse de enfermidades, ter unha boa saúde e nutrición ou ir á escola. Para Marc Bartra, despois das imprescindibles preguntas sobre a emoción do fútbol: " Se non foses xogador do FCB gustaríate colaborar con UNICEF? ". O futbolistaFCB contou aos nenos que non é algo incompatible e destacou que "pola camiseta que levamos creo queUNICEF está orgulloso de que un club como o noso leve o logotipo, e nós estamos orgullosos de representalo. Anthony Lake indicou que "todo o equipo de UNICEF está encantado coa súa alianza co FCBarcelona".

A través desta alianza, FCB contribúe cada ano con 1,5 millóns de euros ao traballo de UNICEF, co obxectivo de chegar a millóns de nenos de 16.000 escolas de Brasil, China, Ghana e Sudáfrica. Grazas a esta colaboración prevese darformación a máis de 5.000 profesores e adestradores, así como integrar o deporte e os valores deportivos nos programas educativos. As escolas tamén recibirán materiais deportivos e contarán con mellores infraestruturas para programas de educación física, deporte e xogo.