Mozambique: refuxio, alimento e seguridade para os desprazados polas inundacións
Post de Suzanne Beukes, Corresponsal de UNICEF.
Mentres centos de familias foxen a terreos máis altos, o Goberno e a comunidade internacional mobilízanse en Mozambique para garantir que os desprazados polas inundacións teñan refuxio, alimento e seguridade.
Unha pequena multitude reuniuse ao bordo da ponteXai Xai, na provincia mozambicana de Gaza. O grupo observa con angustia como un equipo de salvamento da Mariña amarra un bote con persoas que se viron obrigadas a fuxir dos seus fogares inundados.
Os oficiais axudan os
pasaxeiros a desembarcar. Transportan as súas posesións
máis prezadas: roupa, cazolas, galiñas, un cerdito... Todo o que puideron reunir nun momento
de pánico cando creceu o nivel das augas.
Miranda Nachava salta fóra da embarcación,
visiblemente angustiada. Non me gusta marchar, porque algunhas
persoas morreron alí, sostén.
As inundacións en
Mozambique afectaron a unhas 250.000 persoas e estímase que hai
150.000 desprazados.
Chokwe é un dos distritos máis afectados. O centro
da cidade --xeralmente bulicioso cos seus mercados,
automóbiles e peóns-- encóntrase agora somerxido baixo as
augas. Un puñado de cidadáns atravesaron habilmente as
augas mentres transportaban os seus bens sobre as súas cabezas, nun
intento por salvar as súas pertenzas. Outros acamparon na azotea
dos edificios máis elevados, á espera de que baixase o nivel das
augas.
Non obstante, a
maioría abandonou o municipio despois de que o Goberno decretase a
alerta vermella.
CUBRIR AS NECESIDADES BÁSICAS
Durante o día, estes puntos de abastecemento son testemuñas dunha constante fila de desprazados que recollen auga potable. "Nunha situación de emerxencia como esta, as persoas necesitan subministracións básicas como alimento, auga, refuxio e hixiene", explica o Representante Adxunto de UNICEFMozambique, Roberto De Bernardi.
O Goberno de Mozambique, os organismos de Nacións Unidas e as ONG traballan as 24 horas para garantir que estas necesidades básicas estean cubertas.
O crecente número de desprazados implica problemas de saúde e protección. "Cando tes un gran grupo de persoas que vive en condicións difíciles", sinala Lola Castro, responsable do grupo de traballo do equipo humanitario de país, "temos que garantir que dispoñemos da suficiente auga, saneamento e atención médica, e que [as persoas] están ben alimentadas e non desenvolvenproblemas como a cólera ou adesnutrición".
A saúdee o benestar dos nenos son cuestións especialmente importantes en campamentos como o deChiaquelane. No marco da resposta humanitaria, UNICEF distribúegalletas de alto contido nutritivo, mosquiteiras e tendas de campaña para ofrecer servizos médicos. UNICEF colabora tamén coas autoridades paraencontrar os nenos extraviados e protexer mulleres e nenos ante calquera clase de abuso.
Por outra parte,UNICEF brinda apoio a unha unidade móbil que viaxa polo campamento e as zonas estremeiras para proporcionar aos residentes educación sobre boas prácticas de hixiene e saneamento, lactación materna e prevención contra oVIH. Polas tardes, as persoas poden congregarse en torno a unha pantalla para ver vídeos educativos sobre estes temas.
Atender aos máis vulnerables
Salatiel chegou ao campamento sen nada máis que a roupa que levaba posta. Segundo conta, informárono das inundacións e inmediatamente chegou ao campamento en compañía dun amigo. "Non teño diñeiro para ir a comprobar como está a miña familia e ver onde están. Tratei de chamar a miña tía pero o teléfono non daba resposta. Non sei onde están", comenta.
Para Salatiel e outras persoas como el, o kit subministrado por UNICEF --que inclúe alfombras, cazolas, tixolas, cuncas, cubertería e mantas-- é unha grande axuda. Segundo a Especialista en Protección Infantil de UNICEF, Mariane Muzzi, os kits están pensados para persoas como Salatiel, que proceden de fogares pobres e agora non teñen absolutamente nada. "Son basicamente conxuntos de emerxencia para axudar a estas familias a soportar as próximas semanas aquí no campamento", engade.
Cando cae a noite no campamento, un continuo torrente humano conflúe cun alborotado labirinto de persoas que perderon os seus fogares e de traballadores humanitarios, para encontrar un lugar onde descansar. Non obstante, cando aínda non pasou o peor e continúan os labores de auxilio e rescate, necesítase con urxencia máis axuda para salvar vidas.