Modificar a Lei de Protección Xurídica do Menor, unha iniciativa necesaria

Por Gabriel González-Bueno Uribe, Responsable de Dereitos da Infancia de UNICEF España

O Goberno de España deu a coñecer o pasado venres 8 de xullo o informe dun anteproxecto de lei para actualizar a lexislación de protección da infancia.

UNICEF España saúda como positivaa elaboración deste anteproxecto, e confía que as achegas que tanto UNICEF coma outras organizacións de infancia realizaron nas consultas previas sexan tidas en conta. A Lei Orgánica de Protección Xurídica do Menor de 1996 supuxo no seu momento o recoñecemento daConvención dos Dereitos do Neno como referente para as lexislación española, pero moitos dos seus aspectos deben ser revisados despois de 15 anos de vixencia.

Á espera de coñecer o contido definitivo do anteproxecto de lei, UNICEF considera moi positiva ainclusión no texto de criterios específicos para a valoración do "interese superior do neno", de maneira que a súa opinión e o seu benestar presente e futuro sexan sempre a referencia fundamental á hora de tomar decisións xudiciais ou administrativas sobre os menores de idade. Tamén se valora positivamente a aposta decidida polotraballo coas familias para previr a desprotección, e a aposta polo acollemento familiar fronte ao acollemento residencial como resposta prioritaria cando non é posible que un neno permaneza coa súa familia (especialmente no caso dos máis pequenos).

Aesixencia de estándares de calidade nos centros de protección de menores e aregulación dos centros de menores con problemas de conduta foron tamén dous dos temas reclamados tanto por UNICEF España como poloComité dos Dereitos do Neno que se contempla no anteproxecto.UNICEF confía en que esta iniciativa fundamental para os dereitos dos nenos en España chegue a bo fin neste período de Goberno ou, en todo caso, sexa unha iniciativa prioritaria nunha próxima lexislatura.

Referencia do Consello de Ministros:

http://www.lamoncloa.gob.es/ConsejodeMinistros/Referencias/_2011/refc20110708.htm#Infancia