Miles de refuxiados sirios chegan a Iraq

Por Mary Mendes, UNICEF. 

Rahav, de 15 anos, fixo unha viaxe esgotadora xunto a 26 membros da súa familia para buscar refuxio fóra do seu país, agora devastado pola guerra.

Rahav chegou onte á noite ao campo de Kawergosk. Antes, pasara dúas noites nunha tenda de campaña xunto ao río Tigris, onde igual que ela, miles de sirios esperaban a que o Goberno rexional do Kurdistán, ao norte de Iraq, abrise a súa fronteira con Sirya. Cando finalmente a abriron, o 15 de agosto, en tan só unha semana, máis de 42.000 sirios entraron en Iraq, e a día de hoxe seguen entrando.


Rahav recorda con dor a violencia nos pobos, os asasinatos e os secuestros. A súa nai fala da falta de necesidades básicas: "A fame encolleu os nosos estómagos", di. "Non tiñamos electricidade, nin comida ou auga". A súa tía,Hajar, fálame do horror da guerra e datristura por ter que deixar a súa casa. "Espero poder encontrar aquí unha escola para os meus fillos", di.


Cando lle pregunto aRahav como se sente agora, despois das duras experiencias que sufriu, os seus ollos se iluminan e responde que se alegra de que ela e a súa familia estean ben, e puidesen encontrar refuxio en Iraq. Agora está ansiosa por saber se poderá volver á escola pronto.


Para máis información sobre o traballo de UNICEFdentro de Sirya e nos países que acollen refuxiados,pica aquí.


Para colaborar con Sirya envía un SMS coa palabraUNICEF ao28028, ou realiza o teu donativo en www.unicef.es/siria