“Mamá, Daniel grande, Daniel alto”

Por Laura Rubio, Técnico de Alianzas de Comunicación de UNICEF España. O 17 de novembro é o Día Mundial do Neno Prematuro.

Esta semana é especial na casa de Daniel, o mediano de tres irmáns. Por fin chegou o día da revisión dos dous anos nun hospital de Madrid. É unha revisión de protocolo, porque hai 27 meses naceu ás 30 semanas de xestación e se quedou a uns gramos do quilo e medio. No traxecto cara ao hospital Danielestá tranquilo e sorrinte; os seus pais, tranquilos... e pensativos. A ocasión remove os duros recordos daquel verán de 2010: a rotura de membranas na semana 28 de xestación, o posterior "período de incubación" sen apenas poder baixar da cama, o imparable nacemento na semana 30, a separación do bebé inmediatamente despois de nacer, o reencontro de madrugada naUCI...Teño gravada a imaxe da recollida da primeira gota de leite materno cunha xiringa diminuta, para logo vela, como quen contempla unha gota de ouro, viaxando pola angosta sonda que chegaba ata o pequeno e inmaturo estómago do recén nacido.  
 
Despois viñeroncinco semanas de ingreso hospitalario, coas súas idas e vindas a todas as horas para darlle calor e alimentalo con leite materno; o bip, bip, bip, do monitor de saturación de osíxeno, o motor do extractor de leite materno, os nervios ao cruzar o albor da porta do niño por temor a que algo se tivese complicado durante as horas de ausencia.De todo iso non se fala nin se lamenta na familia. Só se celebra o nacemento e o progreso positivo. Quizais sexa unha forma de demostrar agradecemento porque todo acontecese nun hospital público de Madrid, onde os médicos están capacitados e contan cos medios necesarios para controlar complicacións no embarazo e o parto, onde o normal é salvar vidas.Se todo isto tivese acontecido noutro país, como no que nacín eu, México, quizais o meu pequeno Daniel non estaría a corricar agora polos corredores.    
 
 

NACIMENTO PREMATURO: Segunda causa de mortalidade infantil

As complicacións do nacemento prematuro constitúen a segunda causa máis frecuente de morte nos nenos menores de cinco anos. Ao redor dun millón de nenos prematuros morren cada ano (2.600 ao día). Non obstante, temos os medios para salvar máis do 75% dos bebés prematuros que falecen, con solucións sinxelas e alcanzables como o uso xeneralizado das corticoides prenatais (ANC), que axudan aos recén nacidos a respirar. A revisión de Daniel foi un éxito:excede as expectativas para un neno da súa idade, cronolóxica e corrixida. Eu creo que el xa o sabía, porque a miúdo me mira e me di: "Mamá, Danielgrande, Daniel alto". Moitos dos nenos que sobreviven a un nacemento prematuro, enfrontan unha vida de minusvalideces, incluíndo problemas de aprendizaxe, e problemas visuais e auditivos. Orgulloso porque sabe que o fixo moi ben, o pequeno goza do premio que lle deu a especialista: un chupa chups laranxa. Saímos do hospital todos xuntos, collidos da man, esta vez tranquilos e sorrintes.