A maleta que trouxen de Kenya

Por Lorena Cobas, Responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

Hoxe hai seis meses que UNICEF fixo un chamamento á solidariedade co Corno de Africa. Pero xa hai anos que a poboación de Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti estaba a facer un chamamento a non caer no esquecemento. Os 13 millóns de persoas afectadas por esta emerxencia e os 320.000 nenos que aínda sofren desnutrición aguda merécense que non miremos a outro lado, e fagamos fronte a esta precaria situación.

Para min é undía moi emotivo porque hai tres meses que volvín de Kenya, onde fun para apoiar o traballo de UNICEF nesta emerxencia. Alí quedáronse os recordos, os olores, a calor, e sobre todo as persoas. E na maleta tróuxenme moitas ganas de traballar para que non volva caer no esquecemento esta parte do mundo.
Hoxe fago balance da miña estanza en Kenya, eacórdome do camiño a Dadaab, cheo de area, de fochas, de animais mortos e de nenos pedindo auga, só lles faltaba unha cousa:un pouco de auga. Vén á miña memoria a chuvia que vin un día ao saír da miña tenda, unhas poucas gotas de auga que a terra árida absorbía en tan só uns segundos porque levaba anos sen beber. Fun testemuña do comezo da tempada de chuvias nunha rexión que estaba a punto de borrar esta palabra do seu vocabulario, pero choveu á fin.Cifora Monier, Especialista de comunicación en Dadaab dicíame que se necesita máis dun ano para que a terra se recupere e as familias volvan ás súas vidas normais, pero é un bo comezo.
  

Pero todo noNoroeste de Kenya se converte nunha arma de dobre fío. E a chuvia que vén a salvar miles de vidas, tamén foi unha ameaza para a saúde da poboación e unha dificultade para que o persoal humanitario chegue a onde se necesita. Afortunadamente os profesionais que traballan alí puxeron en marcha os mecanismos para previr e atender enfermidades como a cólera e así evitar a súa expansión. Grazas a isto podemos dicir que o impacto desta enfermidade foi mínimo, a mediados de decembro, dos 805 casos sospeitosos de cólera enDadaab morreran tres persoas, o que significa un 0,4%. Pero sobre todo, penso hoxe nas persoas, nosrefuxiados que na súa mirada só transmiten cansazo, en Ahmadina e Mohamed, os tradutores que nos acompañaron e que levan máis de 20 anos vivindo en Dadaab e soñando con volver a Somalia, e nopersoal humanitario que traballa nun dos contextos máis perigosos que existen, e aínda así non desisten no seu empeño por mellorar a vida das persoas. Por todo isto, hoxe sentada na miña oficina en Madrid,brote o meu compromiso cos dereitos dos nenos. Quero poñer o meu gran de area para que os nenos no Corno de África lle arrepor á fame á enfermidade e a morte e teñan unha vida digna. Sobre todo quero que se borre o cansazo da súa mirada e que poidan volver sorrir.

Doa para a emerxencia nutricional do Corno de África