Isabel Muñoz mostra a exposición 'Infancia' aos rapaces da escola de atletismo de Mayte Martínez

Por Jimena Cañedo, Técnico de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

Un grupo de mozos da escola que dirixe en Valladolid a atleta Mayte Martínez, Amiga de UNICEF Comité Castela e León, visitaron o Museo Patio Herreriano para coñecer as historias de nenos de vinte países da man de quen os fotografou a todos a raíz dun proxecto Del país Semanal e UNICEF: a fotógrafa Isabel Muñoz.

A mostra, enitinerancia dende 2009, cando se puxo en marcha con motivo do 20 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, reflicte a través de imaxes, vídeos e textos as realidades e os dereitos da infancia. Ninguén mellor que Isabel Muñoz, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2009, que viaxou a máis de 20 países de catro continentes para coñecer a situación da infancia a nivel mundial, para presentar os protagonistas das súas obras aos nenos da escola de atletismo e explicarlles as súas historias persoais. As vidas de cada un dos nenos que retratou Muñoz, móstrannos os avances e os retos que presenta a infancia no século XXI. Fálanos dasvidas de nenos con nome e apelidos, aos que grazas a esta artista podemos tamén poñer cara e coñecer as diferentes condicións nas que viven e os dereitos que os amparan, aínda que en moitos casos non se cumpran. A iniciativa de UNICEF e a escola, que á parte de formar atletas realiza un traballo de educación en valores, foi aplaudida polos mozos, que pasaron unha tarde divertida e enriquecedora á saída do colexio. A exposición poderá visitarse con entrada gratuíta ata o 22 de xaneiro no Museo Patio Herreriano de Valladolid (C/Jorge Guillén, 6)