Iemen: risco de crise sanitaria na capital do país

Cando o conflito en Iemen intensificouse en marzo de 2015, os danos nas infraestruturas provocaron un corte de electricidade nunha planta de tratamento de augas residuais; que convertía en abono os refugallos humanos inofensivos para a fertilización das terras agrícolas.
 
A produción paralizouse e as augas residuais comezaron a fluír a través de Bani Al-Hareth, un distrito ao norte de Saná, capital de Iemen. Un forte fedor estendeuse por toda a zona e formouse un pantano cheo de moscas que empeorou a situación.

 

Abdo Ali Tammahvive na zona e cóntanos que a desagradable aparencia e o cheiro das augas residuais engadían máis miseria á xa provocada poloconflito.
 
''Non tiñamos onde ir. Había demasiadas moscas e insectos atraídos polas augas residuais sen tratar'', conta Tammah. ''Os nosos cultivos non se salvaron, peridimos as colleitas'', agrega.
 

iEMEN: OS NenOS ESTÁN en RIScO

A situación tiña potencial para agravar os efectos do conflito, ademais de converterse nunhacrise de saúde pública. A falta de acceso a servizos de auga potable e saneamento; sumado a prácticas de hixiene insuficientes, mata e enferma a miles de nenos en todo o mundo cada día, conduce ao empobrecimiento e brinda menores oportunidades para outros miles.
 
A zona norte de Saná depende desta planta de augas residuais que elimina de maneira segura os refugallos humanos. Inicialmente foi construída para satisfacer a 500.000 persoas, pero agora encárgase dos residuos de 1,5 millóns de persoas debido ao aumento da poboación.
 
''Hai risco deenfermidades e estou preocupado polos nosos fillos por mor da deficiente situación de saneamento e hixiene creada por este fluxo de residuos'', explica Tammah.
 
''As augas residuais sen tratar flúen polo distrito de Bani Al- Hareth e está a pór en risco aos locais. O cultivo de verduras -berenjenas, patacas, leituga e outros- está a ser vendido e consumido polas persoas que viven en Saná e os seus arredores, o que supón unha gran ameaza para a súasaúde e o noso medio ambiente'', explica Abdulwahab Salah, o Director Adxunto na planta de tratamento de augas residuais.
 
As autoridades locais e os residentes de Bani Al-Hareth, como o señor Tammah, non teñen opcións -non hai electricidade, nin tampouco combustible para pór en funcionamento os xeradores que procesan as augas residuais.
 

iemen: evitar unha crise sanitaria en SANÁ

En situacións deemerxencia como a de Iemen, aauga potable e o saneamento son unhas das prioridades á hora de intervir. Se non se prové de servizos adecuados de auga e saneamento aos nenos e familias afectadas, as enfermidades e a morte continuarán. Esta é a realidade en todo tipo de emerxencias, desdedesastres naturais a conflitoscausados por diferentes factores.

Enxullo de 2015,UNICEF interveu proporcionado combustible para pór en marcha a planta de tratamento de augas residuais e así poder desinfectar a zona. Fornecéronse máis dun millónde litros de combustible, o que permitiu ás autoridades reactivar a planta desde agosto de 2015.
 
Isto supuxo un gran alivio para o señor Tammah e outros veciños de Bani Al-Hareth, así como para outras persoas expostas ao perigo que isto supuña para a súa saúde.
 
''Volvemos a ter unha vida normal, agora estamos a salvo'', dixo Tammah.
 
As autoridades locais da Corporación de Auga e Saneamento contan que o apoio proporcionado por UNICEF para pór en marcha a planta axudoulles a previr o brote de enfermidades.
 
Con todo, a subministración de combustible, que depende do financiamento dos doantes, non é sustentable.
 
En Iemen, máis de 19 millóns de persoas están en extrema necesidade de acceso seguro e regular aos servizos de auga potable, saneamento e hixiene.
 
Un post de Mohammed Al-Asaadi